Día das letras galegas, 2010

Achégase a celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS, adicado iste ano ó poeta Uxío Novoneyra.(Parada do Courel 1930-Santiago de Compostela 1999).
Biografía do autor:
Novoneyra é un dos grandes nomes da poesía contemporánea en lingua galega. A súa obra está enraizada na tradición e no popular. Fillo dunha familia de labregos, naceu na montaña lucense e ista terra será o principal referente físico para os seus versos, ofrecendo unha innovadora visión da paisaxe dentro da literatura galega.
De estudante en Lugo, conoceu a Manuel María e ámbolosdous frecuentaron o trato de intelectuales da anterior generación, como Luis Pimentel, Anxel Fole, Celestino Fernández de la Vega o Ramón Pilñeiro.
Con 19 anos, Novoneyra trasladouse a Madrid, onde se matriculou na facultade de Filosofía e Letras e regresou en 1951 para facer o servicio militar. Entre 1953 e 1962 voltou ó Courel, obligado por unha pleuresía que o tivo ó borde da morte.
En 1962,o poeta traballou en Madrid en programas de radio e televisión e participou en algunha das actividades do grupo Brais Pinto ata o seu regreso ó Caurel.

En 1973 casou con Elba Rei, coa que tivo tres fillos que residían entre O Courel e Lugo. Afíncase definitivamente en Santiago en 1983, cidade desde a cal exerceu como presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, ata a súa morte en outubro do ano 1999.

Obras:
Desde a publicación do seu libro “Os Eidos” en 1955, a súa obra converteuse nun punto de referencia inevitable para a literatura galega.
Ademais dese libro cómpre sinalar os seguintes poemarios:
"Elexías do Caurel e outros poemas", en edición bilingüe en 1966; “Os Eidos-2” en 1974; “Poemas caligráficos” en 1979;”Os Eidos, Libro do Courel” (Xerais 1981,2010);"Muller para lonxe" que reúne poemas de amor xa publicados e outros inéditos, ilustrados con dibuxos de Carlos Pardo Teixeiro e un epílogo de Claudio Rodríguez Fer; “Do Courel a Compostela 1956-86” en 1988; “Tempo de elexía” en 1991; “Poemas de doada certeza i este brillo premido entre as pálpebras” en 199; “Poema dos Carneiros” en 1998; e “Arrodeos e desvíos do camiño de Santiago en outras rutas” en 1999.
Asimesmo é coautor dos libros “Camelio xaponés”(1995) e “Onde só queda alguén pra aguantar dos nomes” (1999).
Asúa visión da poesía déunola en “Dos soños teimosos” (1998).
Tamén é autor de tres libros destinados aos lectores infantís: “No cubil do xabarín” (1991), “Gorgorín e cabezón” (1992) e “Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín” (1998).

Entradas populares de este blog

Hoxe recomendamos: Maus

Aprender a crear