Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2010

Lectura expresiva

Lectura expresiva para secundaria . Excelente páxina de PLEC sobre a lectura expresiva e a súa importancia para a dinamización e a comprensión lectora, con actividades de aula para o ensino secundario. Lectura-lectura en voz alta-oralización. Artículo de Kepa Osoro, na sección "ideas SOL", onde se aborda a lectura silenciosa e a lectura en voz alta, as súas ventaxes e inconvintes, así como as súas estratexias de aprendizaxe. Nas plataformas de vídeo libres temos miles de exemplos de recitados que nos poden servir de modelos de lectura expresiva. Unha radio escolar , pueden incentivar a lectura expresiva. Radioteis do I.E.S. de Teis pode ser un exemplo. De viva voz é unha sección do blogue   A media voz onde se recollen centos de poesías recitadas, organizadas por autores. Fonoteca de la Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes . Pretende ser un gran repositorio de arquivos de audio sobre autores e obras. O "archivo de la palabra", de gran valor histórico 

O legado de Delibes

Imagen
O pasado 11 de marzo finou en Valladolid ós 81 anos de idade un dos grandes escritores en lengua castelá do Século vinte, Miguel Delibes. Eterno aspirante ó Premio Nobel, Delibes obtuvo entre outros os premios Nadal, o Príncipe de Asturias, o Premio Nacional das Letras Españolas e o Premio Cervantes. O seu legado literario está surcado polo sentimento amoroso, a desigualdade social e o contraste entre o medio rural e a cidade. Obras diste autor que podedes atopar na Biblioteca son O Camiño , Cinco horas con Mario, Os santos inocentes e As ratas. O Herexe publicada en 1998 é a súa derradeira obra. é considerada xunto con Vellas historias de Castela a Vella e Os Santos inocentes, na que creou a personaxe de Azarías, como un dos seus mellores libros. Fragmento da película "Los santos inocentes"