Entradas

Mostrando entradas de abril, 2011

Falece Ernesto Sabato

Imagen
Biblioteis quere sumarse a consternación mundial pola perda deste grande escritor arxentino. A súa novela "El túnel", lectura habitual no noso centro, serviu para achegármonos, unha  vez máis, a súa lucidez e compromiso. Vida e obra                             ¿Sábato ou Sabato?                     E. Sabato (Wikipedia) Ernesto Sabato, el gran escritor argentino autor de "Sobre héroes y tumbas" y "El túnel", pero también el hombre atormentado y horrorizado que presidió la Comisión Nacional sobre la Desaparición de Personas (CONADEP) ha fallecido en la madrugada de hoy sábado, dos meses antes de cumplir 100 años. Sabato, que iba a ser objeto mañana de un homenaje en la Feria del Libro de Buenos Aires, padecía una bronquitis que no pudo superar... ( nova de El País ). El 20 de septiembre de 1984, el escritor Ernesto Sábato entregaba el informe 'Nunca Más' , también conocido como 'Informe Sábato', de la Comisión Nacional sobre la Desapa

Día do libro

Imagen
Como este ano o 23 de abril, día internacional do libro, pillounos de vacacións, deixámosvos agora unha páxina do noso instituto onde se da información desta efeméride e se pode xogar un rato. Preme na imaxe.

A lectura no Ipad

Imagen
Principais características da lectura nun Ipad.

Dúas recomendacións de aventuras

Imagen
Queres encher o teu cuarto de aventuras? Deixámosche estas dúas recomendacións clásicas para o teu tempo de lecer. Robinson Crusoe é unha das máis coñecidas novelas do seu xénero. Conta a historia dun home que naufragou preto dunha illa deserta e pasou nela máis de vintecinco anos. O protagonista ten que comezar a vivir prácticamente dende cero, enfrontándose aos desafíos da vida salvaxe e á terrible carga da soidade. Parece que Dafoe inspirouse nun caso real: a historia do mariñeiro escocés Alexander Selkrik, que foi abandoado nunha illa preto da costa de Chile (que hoxe chámase "illa Robinson") e logrou sobrevivir durante cinco anos, ata que foi rescatado. Para ver a edición en galego, preme aquí . As viaxes de Gulliver publicáronse por primeira vez no ano 1726. Fíxose de seguida moi popular e, amais de senta-lo máximo precedente clásico da literatura de ciencia-ficción e social-ficción, rebordou as fronteiras da literatura para pasar a formar parte da mitoloxía. E i

Unha recomendación de pensamento crítico: Indignádevos !

Imagen
Factoría K vén de publicar Indignádevos! , a tradución ao galego do best-seller escrito polo nonaxenario francés Stéphane Hessel. O libriño, que en Francia leva facturados dous millóns de exemplares, é un chamamento á xuventude para que se rebele contra a actual «ditadura dos mercados» e contra a pasividade coa que a sociedade europea está a recibir os axustes impulsados polos Gobernos coa escusa da crise económica. O manifesto espertou unha gran polémica en Francia polas súas críticas ao Estado de Israel pola súa actuación no conflito palestino. O texto de Hessel está precedido na edición galega por un limiar de Manuel Rivas titulado A nova conquista do pan , no que analiza a necesidade da contestación cidadá á actual desidia de moitos segmentos da sociedade. O libro foi traducido ao galego por Fernando Moreiras. (Vía La Voz de Galicia ) Indignádevos é un libriño recén pubricado, breve panfleto político de alrededor de 30 páxinas que ven de ter un éxito inusitado na Francia pop

Xogando a ser científicos

Imagen
nQuire é o nome dunha nova ferramenta creada por investigadores das universidades de Notihingan e Open (Reino Unido) para desenvolver o pensamento científico do alumnado; é dicir: aprender a facer unha investigación rigorosa en escenarios reais. O programa guíalles a través do proceso de investigación propoñendo hipoteses, facendo preguntas, deseñando a recollida de datos e probas...O programa é libre e pódese descargar dende a súa páxina. Ver o artigo de Patricia Matey en "EL Mundo"