Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2011

Concursos variados: curtametraxe e cómic

Imagen
Neste momento podedes apuntarvos para participar en dous concursos moi interesantes: Curtametraxe Cres que podes, ti só ou cos teus amigos, mostrar a túa creatividade empregando un móbil durante dous minutos?. Atréveste?. Mans á obra: este é o teu concurso ! I Concurso de curtas co móbil na rede CeMIT Dirixido a : Alumnos de ESO e Bacharelato entre 14 e 20 anos. Obxectivo : Facer unha micromovie en galego que non supere os 2 minutos de duración. Para grabar só se poderá usar o móbil, aínda que para editar poderanse utilizar ferramentas externas. Forma de participación : Individual ou colectiva. Prazo : A inscripción está aberta ata o 29 de febreiro de 2012. PREMIO     5 Ipod Nano 8GB Cómic   Gústache ler cómics? Tentaches facer algún ti mesmo? Pois agora é o momento. Mans á obra: este é o teu concurso !. III Certame de Banda Deseñada Dirixido a : Alumnos de ESO e Bacharelato. Obxectivo : Deseñar un cómic de entre 1 e 4 páxinas, de temáti

Biblioteis: xa estamos de novo en activo!

Imagen
Despois desta tan longa como non desexada pausa nas nosas publicacións, xa estamos de novo con todos vós. E queremos contarvos que, con motivo da celebración do Día Internacional da Biblioteca Escolar  (24 de Outubro de 2011),  comezamos a difundir o pregón de Pilar López Álava, " Tortugas gigantes de biblioteca ", co que se está a traballar nas distintas clases de lingua. Ademáis, estamos a facer as tradicionais xornadas de presentación da nosa Biblioteca nos cursos de ESO, este ano, con novidades máis interactivas.     Animádevos a visitarnos!.