ACTIVIDADES 1º ESO: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO



PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA 1º DA ESO.



ACTIVIDADE 1: ¿QUE É A VIOLENCIA DE XÉNERO?



Lede o texto na clase e debatide sobre as seguintes cuestións:

  • Despois de ler o texto ¿que entendedes por VIOLENCIA DE XÉNERO?
  • ¿Que tres tipos de maltrato se incluirían dentro da violencia de xénero?
  • ¿Pensades que a violencia de xénero é tan habitual como se di no texto? Explicádeo con exemplos.
  • ¿Pensades que a violencia de xénero moitas veces queda impune? Explicádeo.
  • ¿Pensades que no voso entorno as mulleres están discriminadas polo mero feito de seren mulleres?


SI VOS INTERESA SABER MÁIS SOBRE A DEFINICIÓN DE “VIOLENCIA DE XÉNERO” PINCHADE AQUÍ 
E VEREDES UN VÍDEO EXPLICATIVO SOBRE O TEMA.


ACTIVIDADE 2: ¿POR QUE SE ESCOLLEU O 25 DE NOVEMBRO PARA CONMEMORAR O DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO?


SI LES O SEGUINTE TEXTO ENTENDERALO.


Foron coñecidas como “Las Mariposas”. Eran militantes activistas contra a ditadura do seu país. Estiveron no cárcere e foron torturadas en varias ocasións. O ditador decidiu terminar con elas.
O 25 de novembro de 1960 Patria, Minerva e María Teresa, tres das irmáns Mirabal, foron detidas nun lugar solitario por axentes do Servizo Militar de Intelixencia do ditador da República Dominicana, Trujillo. Foron obxecto das máis crueis torturasantes de ser vítimas do que se considerou o crime máis cruel da historia dominicana. Cubertas de sangue, esnaquizadas a golpes, estranguladas, foron postas novamente no vehículo no que viaxaban e arroxadas a un precipicio, coa finalidade de simular un accidente. A morte das Mirabel tivo grande repercusión no seu país. A publicidade resultante provocou que o pobo dominicano se mostrase cada vez máis desexoso de apoiar os ideais democráticos das Mirabal. Esta reacción contribuiu a espertar a conciencia da xente e culminou co asasinato do ditador Trujillo o 30 de maio de 1961. estes tempos convulsos para este país están recollidos na novela La fiesta del chivo do premio nobel de literatura Mario Vargas Llosa.
No ano 1981 o Encontro Feminista Latinoamericano e do caribe fixou o 25 de novembro como o DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Proposta de actividades:

  • Despois de ler o texto, debatide sobre estas dúas cuestións:
¿Coñecías a historia das irmáns Mirabal?
¿Paréceche axeitado que se escollera esta data para a celebración da violencia de xénero?


  • Xa que as irmáns Mirabal son coñecidas co nome de "Las mariposas", propoñémosvos que fagades volvoretas con papeis de cores para colgar naclase. Escribide mensaxes en contra da violencia de xénero nesas volvoretas.
 


ACTIVIDADE 3: CANCIÓNS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


Nestes vídeos atoparás cancións que tratan a violencia de xénero. O que vos propoñemos é que formedes parellas ou tríos, que cada grupo escolla unha canción e que despois lle expliquedes o contido da letra ó resto da clase. Tamén podedes poñer o vídeo correspondinte. 
(As letras de todos os temas tenos o titor)

MARÍA SE BEBE LAS CALLES: PASIÓN VEGA.

ELLA: BEBE

MALO: BEBE 


Y EN TU VENTANA: ANDY Y LUCAS


NANAI. LA MALA RODRÍGUEZ


MUJER: ORISHAS


EL CLUB DE LAS MUJERES MUERTAS: VÍCTOR MANUEL


SALIR CORRIENDO: AMARAL



ELLAS DENUNCIARON: DEF CON DOS


VIOLENCIA MACHISTA: SKA P

AY DOLORES. REINCIDENTES


ABRE TU MENTE: MERCHE



LA BELLA Y LA BESTIA: PORTA


SE ACABRON LAS LÁGRIMAS: HUECCO CON HANNA


PRINCESA: FONDO FLAMENCO


EL FINAL DEL CUENTO DE HADAS: EL CHOJIN


CAPERUCITA: ISMAEL SERRANO

A GOLPES: LA FUGA


LO QUE ANA NO VE: REVÓLVER


BEHIND THE WALL: TRACY CHAPMAN


ESPINAS EN EL CORAZÓN: LUJURIA


NO LE BASTÓ: BARRICADA


EL PESO DEL ALMA: MAGO DE OZ Y PATRICIA (DEXX)


DULCE HOGAR: SOZIEDAD ALKOHÓLIKA




ACTIVIDADE 4: VIOLENCIA DE XÉNERO ADOLESCENTE


Por desgracia, a violencia machista non é algo que so afecte ós “maiores” senon que tamén se da na adolescencia.
Se tes parella estaría ben que os dous fixerades este test para comprobar que mantedes unha relación NON VIOLENTA.
 




ACTIVIDADE 5: ¿COMO ACTUAR ANTE UNHA SITUACIÓN DE VIOLENCIA.


Aquí vos presentámos unhas “regras” ou “suxerencias” de como actuar no caso de que presenciedes ou sexades vítimas dunha situación de violencia. A PROPOSTA é que, despois de lelas e comentalas, fagades un CARTEL PUBLICITARIO para pegar na vosa clase e outro para o taboleiro de anuncios do instituto. Desta meneira todos saberemos como actuar ante unha situación de violencia.
Podedes organizar o cartel así:
  • TÍTULO
  • NORMAS NUMERADAS
  • ALGUNHA FOTO ILUSTRATIVA


  1. Dicir NON se algo non gusta ou non apetece. Correr, berrar para que alguén axude e, sobre todo, contalo. MANTER O SILENCIO SO FAVORECE Á PERSOA QUE COMETE A AGRESIÓN.
  2. Non sentirse culpábeis por sufrir violencia ou acoso. Culpábeis son os agresores. Non hai motivos que xustifiquen sufrir esta situación. Non resolvas o problema en soedadde, confía en alguén para que te axude.
  3. Denunciar os feitos e pedir axuda.
  4. Ofrecer protección cando vexamos que alguén sofre violencia. Animar a que fale ou facelo nós no seu lugar. Se observamos violencia e non facemos nada, pode parecer que apoiamos dita agresión. Non podemos permitir que as agresións queden impunes.


¡APRENDE A DICIR NON!
¡NON CALES!
¡NON TE SINTAS CULPABLE!
¡BUSCA APOIOS!
¡DENUNCIA!
¡FRENTE A VIOLENCIA, NON PODES LAVAR AS MANS!

ACTIVIDADE 6 E FINAL: OS CARTEIS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Para rematar gustaríanos que fixerades uns carteis para colocar na vosa aula ou no taboleiro de anuncios do instituto.
Haberá dous tipos de carteis:
  • DIRECCIÓN PROHIBIDA: nel escribiredes o que rexeitades da violencia de xénero: tristeza, golpes, abusos, etc... recortaredes unha cartulina vermella en forma de círculo e no medio poredes un rectángulo branco (como unha dirección prohibida). Nese recadro branco escribides o que rexeitades.
  • O QUE DEFENDEMOS: en cartulinas doutras cores poñeredes mensaxes positivas de relacións non violentas. Podedes escribir so ou facer collages, que quedarán máis vistosos.
 
 





















Comentarios

Entradas populares de este blog

Hoxe recomendamos: Maus

Aprender a crear