Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2015

GAÑADORES CONCURSO CARTAS DE AMOR.

Imagen
Con un pouco de retraso procedemos a anunciar ós gañadores do Concurso de Cartas de Amor. CATEGORÍA A: 1º PREMIO: IVÁN MONTENEGRO (3º ESO) 2º PREMIO: DIANA LONGA (2º A) 3º PREMIO: SABELA IGLESIAS (1º B) CATEGORÍA B: DESERTO CATEGORÍA C: CRISTINA MÉNDEZ. Noraboa ós gañadores e moitas grazas a todos os participantes. Á volta de vacacións publicaremos as cartas gañadoras e a finais de abril, CANDO CELEBREMOS O DÍA DO LIBRO, entregaremos os premios.

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Imagen
¿Por que sigue sendo necesario conmemorar este dia? ¿Existe a igualdade muller-home no eido do traballo? ¿Hai corresponsabilidade das tarefas domésticas nas vosas casas? Reflexionade sobre estas preguntas que vos facemos e NON DEIXEDER DE VISITAR A EXPOSICIÓN SOBRE O DIA DA MULLER TRABALLADORA realizada polo ALUMNADO DE APOIO e a profesora de PT e que se atopa no taboleiro das escaleiras do primeiro piso á planta baixa.

MES DA CIENCIA FICCIÓN NA BIBLIOTECA DE TEIS

Imagen
A biblioteca de Teis, o Proxecto Lector e o Departamento de Lingua e Literatura castelá acaban de preparar un pequeno recuncho na biblioteca adicado á ciencia ficción. Aproveitando que no mes de marzo os alumnos de 1º da ESO visitarán o salón do libro de Pontevedra (adicado este ano á ciencia ficción)e tendo en conta que do 9 ó 14 deste mismo mes vaise celebrar en Vigo o festival BOOM film & comic ; pareceunos boa idea acercar o xénero da ciencia ficción ós nosos alumnos. Seguirémosvos informando das actividades relacionadas con esta exposición que preparemos.