Entradas

Mostrando entradas de junio, 2010

Que pasedes un verán de película !

Con esta entrada despedímonos ata a volta de vacacións, pero antes deixamos algunhas suxestións sobre cine para o voso tempo de lecer: Seguro que xa fostes ver a nova versión de Robin Hood. Para saber mais sobre o Rei Ricardo Corazón de León , os seus irmáns e a súa nai, Leonor de Aquitania, aquí tedes todo un clásico, "El León en invierno", dispoñible nos fondos da nosa bilioteca. Tamén nos nosos andeis podes atopar outras dúas películas que de seguro chegarán a ser outros dous clásicos: "Gran Torino" mais "El secreto de sus ojos". E se sodes dos que lles apetece comparar o libro coa película, tamén tedes ó voso dispor a historia de "Jane Eyre", en novela e DVD. ¡Vémonos á volta de vacacións!

Morte de José Saramago

Queremos deixar en Biblioteis un fondo e sentido fado pola morte de José Saramago. Dende aquí despedimos cun "até logo" a este xenial escritor portugués, coa fortuna de sentírmonos acompañados para sempre coa súa obra chea de solidaridade e compromiso. Non deixes de coñecelo. BIOGRAFÍA E OBRA DE SARAMAGO Adaptación cinematográfica do "Ensayo sobre la ceguera": " A flor mais grande do mundo" (curtametraxe baseado nun conto de Saramago e narrado por el) Entrevista a José Saramago: DISCURSO DE ACEPTACIÓN DO PREMIO NOBEL (1998) O homem mais sábio que conheci em toda a minha vida não sabia ler nem escrever. As quatro da madrugada, quando a promessa de um novo dia ainda vinha em terras de França, levantava-se da enxerga e saía para o campo, levando ao pasto a meia dúzia de porcas de cuja fertilidade se alimentavam ele e a mulher. Viviam desta escassez os meus avós maternos, da pequena criação de porcos que, depois do desmame, eram vendidos aos vizinhos

Para saber citar a bibliografía

Cómo citar bibliografía . Na Biblioteca da Universidade Carlos III de Madrid ofrécensenos algunhas directrices para a elaboración e presentación de citas ou referencias bibliográficas, que poden ser necesarias para utilizalas en traballos de estudo ou investigación. Software libre de gestión bibliográfica . Os xestores de bibliografía son útiles ferramentas dende un punto de vista documental. Todos eles teñen en común que son sistemas abertos, é dicir, poseen unha interfaz web que permite acceder ás referencias dende calquer ordenador con conexión a Internet. Vía Misstechin .

Enigmas resoltos

Imagen
Hoxe tivo lugar o concurso da Busca do Enigma. Participaron 10 grupos de alumnos dos cursos de 1º,2º e 3º da ESO. Despois de nomear a súa capitana ou capitan, tiveron que ir superando distintas probas polo recinto do instituto ata chegar á pista final na Biblioteca. Parabéns para o  grupo 2 ,  que  foi o que consegui dar coas pistas correctas e facerse co premio          Felicitacións tamén ós demais participantes, que entrarán nun sorteo de agasallos, que serán entregados na festa do día 28.

Xa era tempo de falar de Miguel Hernández !

Imagen
Levamos 6 meses do ano do Centenario do seu nacemento, e aínda non lle tiñamos dedicada ningunha entrada. Hoxe aproveitamos para invitarvos a  vir pola biblioteca a ler algunha das súas obras. Xa vos terán falado en clase da altura  artística e humana deste autor, pero para aquelas persoas que precisen refescar un chisco a súa memoria , aqui deixamos unha breve biografía. BIOGRAFÍA Orihuela , Alacante (1910-1942).  Naceu nuha familia adicada ó gando. Cando ten 15 anos, a intención do seu pai é que deixe totalmente os estudos e se adique ó oficio de pastor, pero Miguel consigue seguir vinculado dalgún xeito ós estudios, e simultanea o oficio de pastor coa escritura dos seus primeiros poemas. A súa vocación literaria levouno a ler os clásicos españois e entrar no círculo do Radical, con Ramon Sijé, con quen tiña unha grande amizade. Tras publicar algúns poemas no periódico de Orihuela e en revistas, en 1933 apareceu o seu primeiro libro, " Perito en lunas", cun e