Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2013

RESOLUCIÓN DO CONCURSO DE CARTAS DE AMOR: 1ª PISTA.

O xurado do II CONCURSO MUNDIAL DE CARTAS DE AMOR  xa emitiu o seu veredicto.   Teredes que permañecer moi atentos ó blog para saber si sodes un dos afortunados. OS PREMIOS ENTREGARANSE NO FESTIVAL DE FINAL DE CURSO. CATEGORÍA A (1º CICLO DA ESO, PDC E PCPI): PRIMEIRA PISTA . OS GAÑADORES DOS TRES PRIMEIROS PREMIOS NON CURSAN NIN PDC NIN PCPI.   CATEGORÍA B (2º CICLO DA ESO, BACHARELATO E CICLOS) OS GAÑADORES DOS TRES PRIMEIROS PREMIOS CURSAN 2º CICLO DA ESO.   CATEGORÍA C (PROFESORES E PERSONAL NON DOCENTE) OS GAÑADORES SON PROFESORES QUE NON PERTENCEN ÓS DEPARTAMENTOS DE LINGUAS.   Permanecede atentos ó blog, iremos poñendo máis pistas... GRACIAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN E NORABOA ÓS GAÑADORES!!!!!   

15O ANIVERSARIO DA PUBLICACIÓN DE CANTARES GALLEGOS

Imagen
O 17 de maio de 1863 via a luz por primeira vez o poemario Cantares gallegos escrito por Rosalía de Castro. Esta obra marcou un antes e un despois na literatura galeg a e é considearada a primeira obra maes tra da literatura galega contemporánea . Representou un fito decisivo no rexurdimento cultural de Galicia e da súa lingua. (Primeira edición de Cantares Gallegos gardado na Cidade da Cultura) Par a entender a importancia de Rosalía e da súa obra na nosa cultura, temos que contextualizala na época que lle tocou vivir. A literatura, a lingua e a cultura galega en xeral, pasou durante os séculos XVI, XVII e XVIII por unha época de decadencia que se coñece co nome de SÉCULOS ESCUROS . A perda de prestixio e usos cultos da lingua galega durante esta época tivo que ver principalmente coa perda de poder político e administrativo do Reino de Galicia ; e xerou a casi total desaparición da nosa lingua dos ámbitos cultos. Preme aquí para saber máis sobre os