CONCURSO: A BIBLIOTECA BUSCA MASCOTA.

Xa fai días que vos anunciamos que se viña cocendo un concurso. Pois aquí o tedes: BÚSCASE MASCOTA PARA A BIBLIOTECA. Pensamos que toda biblioteca que se precie ten que ter unha mascota e eso é o único que lle falta á nosa. Por eso, coincidindo coa celebración do Día das Bibliotecas decidimos convocar este concurso. Teredes que inventar o aspecto e a biografía da mascota, polo tanto, haberá que enviar un debuxo e un texto. ATENTOS AS BASES: 1.- PARTICIPANTES: pode participar todo o alumnado do IES de TEIS. 2.- FORMATO: os debuxos poderán presentarse en papel tamaño DINA 4 ou vía mail en formato JPG. O texto poderase presentar manuscrito con letra lexible ou vía mail en formato PDF. Ambos deberán ir firmados co voso nome completo e o curso no que estades. 3.- NÚMERO DE DEBUXOS QUE SE PODEN PRESENTAR: cada participante poderá presentar un máximo de tres propostas. 4.- TÉCNICA UTILIZADA: poderase utilizar calquera técnica para a creac...