O mundo literario, intelectual e xornalístico de Galicia ficou sorprendido coa escolla que fixo a RAG do prematuramente finado poeta monfortino Lois Pereiro coma homenaxeado no Día das Letras Galegas do 2011. Biblioteis quere destacar aquí a interesante e entrañable figura dun poeta querido por todos. Deixámosche aquí esta entrada para que o coñezas mellor. Comezamos por este cartaz dixital feito por Román Cerqueiro Landín ( caderno de lingua ) do IES de Porto do Son. Parabens polo traballo. (Preme en Gloster/full size, para velo a pantalla completa) Páxina de Lois Pereiro Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística. Excelente páxina, en continua actualización, adicada a Lois Pereiro . Lois Pereiro na Wikipedia . Deixa no noso mural o teu testemuño sobre Loi Pereiro. Preme na barra azul, elixe cor e escribe a túa mensaxe.