Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2012

A frase do mes

Imagen
O 17 de Maio , como xa sabedes, celebramos o Día das Letras Galegas , xornada instituída en 1963 pola Real Academia Galega para homenaxear a aquelas persoas que destacaron pola súa creación literaria en idioma galego ou pola súa defensa da nosa lingua. Este ano, adícase a Valentín Paz Andrade , persoa de traxectoria moi diversa: ensaista, poeta, xornalista, xurista, político..., polo seu compromiso co país en diferentes ámbitos. Eleximos os versos finais do poema " As úberes do medo " , da súa obra "Sementeira do vento " ,   e volos achegamos como frase do mes. Como sempre, vos convidamos a pensar sobre ela e a compartir connosco as vosas reflexións.