Concurso "Mira que leo e dime quen son"
Sobre a base dunha idea do I.E.S. Manoel Antonio, Biblioteis convocou o concurso... Mira que leo e dime quen son . Facilitábanse, por unha banda, os nomes de 8 profesores e profesoras do centro, e, pola outra, un comentario sobre as súas lecturas favoritas en idade escolar e na actualidade. Nunha ficha, cada alumna ou alumano participante asociaba cada "lector anónimo" coas súas lecturas. Os concursantes podían preguntar ó propio profesorado voluntario ou a outros membros da comunidade escolar para obter mais pistas sobre as respostas correctas. Os premios deste ano foron para: Olga Ajenjo Mateo, Yaiza Barros Barral e Marta Granada Rodríguez (3º ESO)