Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Recomendacións de Biblioteis

Hoxe recomendamos: Maus

Imagen
¿Sabías que na biblioteca contamos cunha sección dedicada ao cómic e á novela gráfica? Entre outros títulos emblemáticos deste xénero, atopamos Maus, unha novela gráfica escrita e debuxada por Art Spiegelman, gañadora do prestixioso premio Pulitzer. Trátase dunha verdadeira xoia que conta o Holocausto a través da historia real do pai do autor, un xudeu polaco, supervivente do campo de concentración de Auschwitz. Unha historia desgarradora e impactante, que atrapa ao lector desde o principio. Conta as desconfianzas, traizóns, os campos de concentración, a barbarie, todo isto unido ás reflexións sobre o que foi necesario para sobrevivir dun supervivente do maior centro de exterminio do nazismo. Se che gusta a novela gráfica ou se aínda non te atreviches con este tipo de xénero, non deixes de ler Maus, de seguro, non te deixará indiferente.
Imagen
Os lectores do IES de Teis recomendan Ana, de 3º de ESO, recomenda Un sol dentro de mí, da escritora viguesa Sonia Mirón. " Es un libro que te enseña a ver la vida real desde el punto de vista de otra persona. Natalia, la protagonista, se tiene que cambiar de ciudad por el trabajo de su padre y tiene los problemas que podría tener cualquiera. Unas chicas le dicen que quieren ser sus amigas, pero al final solo la usan para lo que ellas quieren , hacen que deje de estar a gusto consigo misma y deja de comer. Consigue sobrevivir a este infierno gracias a su nuevo amigo, Miguel. como ya casi no habla con sus padres y casi no come, estos deciden hablar con Encarna, su vecina y enfermera. al final, Encarna se la lleva de vacaciones de verano al campo y allí vive con la familia de su hermana. En el campo, Natalia correrá grandes aventuras y descubrirá cómo le puede cambiar la vida en cuestión de segundos ". Ante todo, e en calquera circunstancia, coñécete ben. A bondade...

O Principiño

Imagen
Hoxe recomendamos un clásico da literatura: O Principiño, de Antoine de Saint-Exupéry. Polas ilustracións e o xeito no que está escrito podería parecer un conto infantil pero, nada máis lonxe da realidade! O Principiño é unha metáfora da vida, o amor e a amizade e ofrécenos ensinanzas tan importantes coma estas: «Soamente se ve ben co corazón. O esencial é invisible aos ollos.» «Todas as persoas maiores foron nenos antes. (Pero poucas se lembran).» «Un raposo semellante a cen mil raposos. Pero eu fíxeno amigo meu e agora é único no mundo.» «As persoas maiores nunca comprenden nada por si soas e é fastidioso para os nenos terlles que andar dando sempre explicacións.» «Ás persoas maiores gústanlles as cifras. Cando lles falades dun novo amigo, nunca vos preguntan nada esencial del. Nos vos din: "Como é a súa voz? Que xogos lles gustan máis? Colecciona bolboretas?" Non, as persoas maiores preguntan: "Cal é a súa idade? Cantos irmáns ten? Canto pesa? Canto gaña o seu...

Os dereitos do lector

Imagen

Videopoema

Aquí deixámosvos o traballo de fin de carreira do videoartista alemán Joerg Barton para gozar da imaxe e a música. (Visto en Kabytes ) I´ll kill her from Joerg Barton on Vimeo .

Dúas recomendacións de aventuras

Imagen
Queres encher o teu cuarto de aventuras? Deixámosche estas dúas recomendacións clásicas para o teu tempo de lecer. Robinson Crusoe é unha das máis coñecidas novelas do seu xénero. Conta a historia dun home que naufragou preto dunha illa deserta e pasou nela máis de vintecinco anos. O protagonista ten que comezar a vivir prácticamente dende cero, enfrontándose aos desafíos da vida salvaxe e á terrible carga da soidade. Parece que Dafoe inspirouse nun caso real: a historia do mariñeiro escocés Alexander Selkrik, que foi abandoado nunha illa preto da costa de Chile (que hoxe chámase "illa Robinson") e logrou sobrevivir durante cinco anos, ata que foi rescatado. Para ver a edición en galego, preme aquí . As viaxes de Gulliver publicáronse por primeira vez no ano 1726. Fíxose de seguida moi popular e, amais de senta-lo máximo precedente clásico da literatura de ciencia-ficción e social-ficción, rebordou as fronteiras da literatura para pasar a formar parte da mitoloxía. E i...

Que pasedes un verán de película !

Con esta entrada despedímonos ata a volta de vacacións, pero antes deixamos algunhas suxestións sobre cine para o voso tempo de lecer: Seguro que xa fostes ver a nova versión de Robin Hood. Para saber mais sobre o Rei Ricardo Corazón de León , os seus irmáns e a súa nai, Leonor de Aquitania, aquí tedes todo un clásico, "El León en invierno", dispoñible nos fondos da nosa bilioteca. Tamén nos nosos andeis podes atopar outras dúas películas que de seguro chegarán a ser outros dous clásicos: "Gran Torino" mais "El secreto de sus ojos". E se sodes dos que lles apetece comparar o libro coa película, tamén tedes ó voso dispor a historia de "Jane Eyre", en novela e DVD. ¡Vémonos á volta de vacacións!

As nosas recomendacións no Día do libro, 2010

23 de abril: ¡Día do libro! Nesta entrada facémosche algunhas propostas para que celebres esta xornada gozando da lectura: NOVIDADES en LINGUA GALEGA Marcos S.Calveiro Festina lente   (Unha novela histórica neste Ano Santo) Xose-Henrique Costas (Coord): 55 mentiras sobre a lingua galega . Edit. Laiovento Suso de Toro: Sete palabras . Edit. Xerais Manuel Rivas: Episodios galegos . Edit. Xerais X. Lois García Fernández: Uxío Novoneyra.Revisitado . Xerais.(Ensaio sobre a vida e obra do poeta ao que se lle adica a edición do 2010 das Letras galegas). NOVIDADES EN CASTELÁN Por unha banda deixamos aquí unha das listas dos mais vendidos: Arturo Pérez Reverte: El asedio . Edit. Alfaguara Matilde Asensi. Venganza en Sevilla . Edit. Planeta Julia Navarro: Dime quién soy . Edit. Plaza&Janés F. Moccia: Perdona, pero quiero casarme contigo . Edit.Planeta Gibbons, Estela: La hija de Robert Potse. Edit.: Impedimenta, Madrid, 2010 Punset, Eduardo: El viaje al poder de la mente: l...

Recomendacións de Biblioteis para o nadal, 2009

Imagen
Para acceder á información, preme aquí