Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Lingua galega

O Principiño

Imagen
Hoxe recomendamos un clásico da literatura: O Principiño, de Antoine de Saint-Exupéry. Polas ilustracións e o xeito no que está escrito podería parecer un conto infantil pero, nada máis lonxe da realidade! O Principiño é unha metáfora da vida, o amor e a amizade e ofrécenos ensinanzas tan importantes coma estas: «Soamente se ve ben co corazón. O esencial é invisible aos ollos.» «Todas as persoas maiores foron nenos antes. (Pero poucas se lembran).» «Un raposo semellante a cen mil raposos. Pero eu fíxeno amigo meu e agora é único no mundo.» «As persoas maiores nunca comprenden nada por si soas e é fastidioso para os nenos terlles que andar dando sempre explicacións.» «Ás persoas maiores gústanlles as cifras. Cando lles falades dun novo amigo, nunca vos preguntan nada esencial del. Nos vos din: "Como é a súa voz? Que xogos lles gustan máis? Colecciona bolboretas?" Non, as persoas maiores preguntan: "Cal é a súa idade? Cantos irmáns ten? Canto pesa? Canto gaña o seu...

I Concurso galego-castelán de poesía

Imagen
Noraboa os gañadores do I Concurso galego-castelán de poesía. Estes foron os seus traballos, unha marabilla. Premio ó máis orixinal: Anxo Abandonado Expósito Mi lápiz sagrado Eres de color amarillo y negro, Ies de Teis contigo me enseñaron a escribir de pequeño, estás en mi estuche guardado y sobre ti, este poema he reflexionado. De la papelería viniste y sobre el papel bien resistes. Tu grandiosa mina de grafito debería considerarse todo un mito, al escribir, me admira tu belleza, junto a ti, perdería la cabeza. Eres lo que más necesito para hacer un ejercicio escrito, necesito afilarte mas no quiero dañarte... Siento haberte afilado mi lápiz sagrado. Premio ó máis emotivo: Alba M. Gallego Fruto tan ansiado del pecado llevado a cabo en solitario pero, aunque al infierno vaya caeré gloriosa y la tortura en dicha será convertido, porque mi objetivo cumplido estará y así yo, la pecadora que engendro mi propia desdicha, será recompensada con el mayor...

Visita o noso centro a escritora Fina Casalderrey

Imagen
O día 3 de abril as 12:00h visitanos a escritora Fina Casalderrey para ofrecernos unha pequena charla sobre  Lecturas para mozos e mozas Fina Casalderrey (nada en Xeve, provincia de Pontevedra,  en 1951) é unha persoa polifacética: escritora, profesora de educación secundaria, etnógrafa vocacional, gastrónoma, conferenciante e periodista. Foi premiada en distintas ocasións pola súa obra literaria e traducida a todas as linguas de España. É a autora de títulos coñecidos como: Mutacións xenéticas (1991), ¡Asústate, Merche! (1994), ¡Prohibido casar, papá! (1996), etc... Todos eles no marco da literatura infantil e xuvenil. Ademáis é membro dende novembro de 2013 da RAG.

Recursos para a lingua galega

Recursos lingüísticos: en colaboración coa Diputación de A Coruña, esta web ofrécenos  múltiples recursos en relación coa lingua galega: tradutores, corretores, toponimia, manual de estilo, linguateca (con ligazóns a múltiples recursos sobre plurilingüismo...). Servizo de normalización lingüística da Universidade da Coruña : completísima páxina de recursos para dinamizar a lingua galega: gramática, campañas, formación, premios e concursos...etc. Secretaría Xeral de Política Lingüística : extensa web de recursos, novas e formación sobre a lingua galega. Real Academia Galega: página ben organizada con recursos lingüísticos, biblioteca de autores galegos e múltiples ligazóns. Galego.org: páxina para promocionar o uso do galego, con ligazóns seleccionados por categorías, historia e situación actual do galego, etc. Loia : páxina do Consello da Cultura Galega onde se aportan máis recursos, información e situación do galego. Diccionario ilustrado: recurso...