Entradas

Orixinal presentación das bibliotecas escolares

Grazas ao Equipo Tics-Biblioteca do IES Sánchez Cantón, de Pontevedra (un dos centros que levan tempo integrando de forma admirable as tecnoloxías da comunicación e da información en toda a actividade xenerada ou apoiada desde a biblioteca escolar), temos acceso a unha presentación sobre o papel das bibliotecas escolares nos centros educativos, e as súas posibilidades. A partir dos carteis que a consellería publicou nos tres últimos anos, co gallo do mes de outubro, mes da biblioteca escolar, con ilustracións de Manuel Lariño , Miguelanxo Prado e Mariña Seoane , respectivamente, a compañeira Charo Sánchez, co resto do seu equipo, ofrécenos esta atractiva ferramenta sobre as oportunidades da biblioteca escolar. Porque hai u nha ducia de motivos para que as bibliotecas escolares sexan, dunha vez por todas, contempladas como eses recursos imprescindibles para un ensino de calidade na sociedade actual. Grazas por compartilo! Vía:   Bibliotecas Escolares de Galicia VER PRESENTACIÓN

Mario Vargas Llosa, premio Nobel 2010

Imagen
Mario Vargas Llosa, escritor peruano (Arequipa, Perú, 1936), ven de acadar o premio Nobel, 2010, "pola sua cartografía das estructuras do poder e as suas imáxes mordaces da resistencia do individuo, a sua rebelión e a sua derrota". Para saber máis: Biografía e obra: http://es.wikipedia.org/wiki/Mario_Vargas_Llosa Os seus libros: http://literaturaylengua.com/?p=2793 Recopilación de fragmentos de interese: http://literaturaylengua.com/?p=2795 Os mellores vídeos: http://literaturaylengua.com/?p=2799 Versión cinematográfica de "La fiesta del chivo"

Lectura e humor

Aprender a investigar

Aprender a investigar en la biblioteca escolar View more presentations from alfinred . Guía del alumno . En esdelibro.es  (program educativo de CEDRO para fomentar a lectura, a creación textual e o respecto aos dereitos de autor) ofrécenos esta ben deseñada guía para o alumnado investigador. É unha guía práctica para investigadores de 12 a 18 anos que nos aprende a facer un traballo orixinal, ben documentado e respectuoso con os dereitos de autor.  Invítanche a publicar o teu traballo no seu portal. Guía práctica para docentes (ESO y Bachillerato). Do mesmo portal que a anterior, esta guía pretende ser un material de apoio ao profesorado de todas as áreas para traballar en clase as habilidades necesarias para facer unha investigación orixinal, creativa e rigurosa. Estructurase  en once pasos nos que se suxiren as actividades correspondentes co fin de elaborar un traballo de investigación persoal e completo.

Que pasedes un verán de película !

Con esta entrada despedímonos ata a volta de vacacións, pero antes deixamos algunhas suxestións sobre cine para o voso tempo de lecer: Seguro que xa fostes ver a nova versión de Robin Hood. Para saber mais sobre o Rei Ricardo Corazón de León , os seus irmáns e a súa nai, Leonor de Aquitania, aquí tedes todo un clásico, "El León en invierno", dispoñible nos fondos da nosa bilioteca. Tamén nos nosos andeis podes atopar outras dúas películas que de seguro chegarán a ser outros dous clásicos: "Gran Torino" mais "El secreto de sus ojos". E se sodes dos que lles apetece comparar o libro coa película, tamén tedes ó voso dispor a historia de "Jane Eyre", en novela e DVD. ¡Vémonos á volta de vacacións!

Morte de José Saramago

Queremos deixar en Biblioteis un fondo e sentido fado pola morte de José Saramago. Dende aquí despedimos cun "até logo" a este xenial escritor portugués, coa fortuna de sentírmonos acompañados para sempre coa súa obra chea de solidaridade e compromiso. Non deixes de coñecelo. BIOGRAFÍA E OBRA DE SARAMAGO Adaptación cinematográfica do "Ensayo sobre la ceguera": " A flor mais grande do mundo" (curtametraxe baseado nun conto de Saramago e narrado por el) Entrevista a José Saramago: DISCURSO DE ACEPTACIÓN DO PREMIO NOBEL (1998) O homem mais sábio que conheci em toda a minha vida não sabia ler nem escrever. As quatro da madrugada, quando a promessa de um novo dia ainda vinha em terras de França, levantava-se da enxerga e saía para o campo, levando ao pasto a meia dúzia de porcas de cuja fertilidade se alimentavam ele e a mulher. Viviam desta escassez os meus avós maternos, da pequena criação de porcos que, depois do desmame, eram vendidos aos vizinhos ...

Para saber citar a bibliografía

Cómo citar bibliografía . Na Biblioteca da Universidade Carlos III de Madrid ofrécensenos algunhas directrices para a elaboración e presentación de citas ou referencias bibliográficas, que poden ser necesarias para utilizalas en traballos de estudo ou investigación. Software libre de gestión bibliográfica . Os xestores de bibliografía son útiles ferramentas dende un punto de vista documental. Todos eles teñen en común que son sistemas abertos, é dicir, poseen unha interfaz web que permite acceder ás referencias dende calquer ordenador con conexión a Internet. Vía Misstechin .