Entradas

DÍA DA PAZ.

Imagen
Hoxe, 30 de Xaneiro, conmemórase o Día da Paz.  Esperamos que o contido do vídeo vos faga reflexionar sobre a importancia que ten e que debe ter a PAZ en todos os aspectos da nosa vida. ¿Que pensas ti sobre a Paz?  Déixanos o teu comentario.

I Concurso Internacional de Cartas de Amor

Imagen
Biblioteis convoca para o día 14 de Febreiro o I Concurso Internacional de Cartas de Amor ATRÉVESTE A PARTICIPAR NUNHA MARABILLOSA AVENTURA...? Presta atención: propoñémosche unha actividade diferente, divertida, que logrará aumentar os teus dotes de ligón/ona de turno... Escribir a máis sinceira e sublime carta de amor .  Ver as bases do concurso   Hai un fantástico premio esperándovos, así que... boa sorte na escritura , no concurso ... e no amor !!.

A frase do mes

Imagen
Neste mes de Xaneiro, como cada ano, vimos de celebrar o Día dos Reis Magos . Segundo a tradición,  hai uns 2000 anos, tres Reis Magos, guiados por un sinal no ceo, a Estrela de Oriente, puideron chegar ao lugar onde acababa de nacer Xesús para adoralo e entregarlle os seus agasallos. Pero...  Canto hai de lenda e canto de verdade científica ? Sábese que moitos  detalles desta historia foron engadidos ao longo dos séculos: os seus nomes, o seu número e incluso a raza do rei Baltasar... E qué hai da estrela?. Estudosos de distintas épocas preguntáronse pola natureza desde astro e propuxeron diferentes teorías sobre feitos reais que poideron dar orixe ao mito. O astrónomo Mark Kidger sostén a hipótese de que a Estrela de Belén puido ser unha sucesión de acontecementos astronómicos ocorridos durante dous anos: unha conxunción planetaria seguida da aparición dunha nova . Súa é a seguinte frase:   Vos convid...

Concursos variados: curtametraxe e cómic

Imagen
Neste momento podedes apuntarvos para participar en dous concursos moi interesantes: Curtametraxe Cres que podes, ti só ou cos teus amigos, mostrar a túa creatividade empregando un móbil durante dous minutos?. Atréveste?. Mans á obra: este é o teu concurso ! I Concurso de curtas co móbil na rede CeMIT Dirixido a : Alumnos de ESO e Bacharelato entre 14 e 20 anos. Obxectivo : Facer unha micromovie en galego que non supere os 2 minutos de duración. Para grabar só se poderá usar o móbil, aínda que para editar poderanse utilizar ferramentas externas. Forma de participación : Individual ou colectiva. Prazo : A inscripción está aberta ata o 29 de febreiro de 2012. PREMIO     5 Ipod Nano 8GB Cómic   Gústache ler cómics? Tentaches facer algún ti mesmo? Pois agora é o momento. Mans á obra: este é o teu concurso !. III Certame de Banda Deseñada Dirixido a : Alumnos de ESO e Bacharelato. Obxectivo : Deseñar un cómic...

Biblioteis: xa estamos de novo en activo!

Imagen
Despois desta tan longa como non desexada pausa nas nosas publicacións, xa estamos de novo con todos vós. E queremos contarvos que, con motivo da celebración do Día Internacional da Biblioteca Escolar  (24 de Outubro de 2011),  comezamos a difundir o pregón de Pilar López Álava, " Tortugas gigantes de biblioteca ", co que se está a traballar nas distintas clases de lingua. Ademáis, estamos a facer as tradicionais xornadas de presentación da nosa Biblioteca nos cursos de ESO, este ano, con novidades máis interactivas.     Animádevos a visitarnos!.  

Concurso "Mira que leo e dime quen son"

Imagen
Sobre a base dunha idea do I.E.S. Manoel Antonio, Biblioteis convocou o concurso...   Mira que leo e dime quen son . Facilitábanse, por unha banda, os nomes de 8 profesores e profesoras do centro, e, pola outra, un comentario sobre as súas lecturas favoritas en idade escolar e na actualidade. Nunha ficha,  cada alumna ou alumano participante asociaba cada "lector anónimo" coas súas lecturas. Os concursantes podían preguntar ó propio profesorado voluntario ou a outros membros da comunidade escolar para obter mais pistas sobre as respostas correctas. Os premios deste ano foron para: Olga Ajenjo Mateo, Yaiza Barros Barral e Marta Granada Rodríguez (3º ESO)

Álvaro Cunqueiro cumpre 100 primaveras

Imagen
En decembro cumpriranse cen anos do nacemento en Mondoñedo (22 de dicembro de 1911 — Vigo, 28 de febrero de 1981),dunha das grandes persoalidades das nosas letras. Cunqueiro é un dos grandes tesouros da literatura galega e universal. Para conmemorar o o seu centenario, Biblioteis ven de organizar unha exposición de carteis para achegar a súa grande figura aos máis novos. Vida e obra Para descargalos e imprimilos, preme aquí.