Entradas

A frase do mes

Imagen
O 17 de Maio , como xa sabedes, celebramos o Día das Letras Galegas , xornada instituída en 1963 pola Real Academia Galega para homenaxear a aquelas persoas que destacaron pola súa creación literaria en idioma galego ou pola súa defensa da nosa lingua. Este ano, adícase a Valentín Paz Andrade , persoa de traxectoria moi diversa: ensaista, poeta, xornalista, xurista, político..., polo seu compromiso co país en diferentes ámbitos. Eleximos os versos finais do poema " As úberes do medo " , da súa obra "Sementeira do vento " ,   e volos achegamos como frase do mes. Como sempre, vos convidamos a pensar sobre ela e a compartir connosco as vosas reflexións.

DIA DO LIBRO

Imagen
Como todos saberedes xa, hoxe, 23 de abril, celébrase o día do libro.  Esta data elexiuse porque coincide coa data de falecemento (ainda que de distintos anos)  de dúas grandes plumas da literatura universal: MIGUEL DE CERVANTES e W. SHAKESPEARE. Gustaríanos que hoxe vísedes este vídeo e que reflexionásedes sobre o papel que os libros teñen  ou poden ter nas nosas vidas. FELIZ DÍA DO LIBRO.

Gañadores do I Concurso Internacional de Cartas de Amor

Imagen
Os nosos parabéns para todos os participantes e, en especial, para os gañadores do I Concurso Internacional de Cartas de Amor A relación de gañadores en cada categoría é a seguinte:   Posto Categoría A Categoria B 1º SONIA DAPONTE JAVIER GONZÁLEZ 2º AROA CAMPOS ERIKA MOSQUERA PÉREZ 3º ANTÍA TOURIÑO NATALIA CASTRO GIRÁLDEZ MOITAS GRAZAS A TODOS POLA VOSA COLABORACION

Charla-coloquio con Fran Alonso

Imagen
O pasado mércores 14 de marzo, poidemos gozar da visita do polifacético escritor Fran Alonso ó noso centro. Os alumnos e alumnas de ESO e Bacharelato tiveron ocasión de poder preguntarlle en vivo e en directo sobre aspectos  dalgunhas das súas obras lidas nas nosas aulas: "Cemiterio de elefantes", "Cartas de amor", "Ninguén"... e tamén de deixarse sorprender polos "efectos especiais" aplicados á poesía, sentindo como as palabras se hinchan e estoupan, descubrindo o canto da curuxa na noite ou o bruar do mar no medio do salón de actos. Unha experiencia que de certo nos achega mais ó universo da palabra e a lectura. Grazas por todo canto nos transmitiches,Fran. Esperamos verte mais veces.

A frase do mes

Imagen
O día 8 de Marzo celébrase, a nivel internacional e co recoñecemento da ONU ,  o Día da Muller . Conmemórase a loita das mulleres para conseguir participar na sociedade en igualdade de condicións respecto aos varóns. Existen versións diferentes sobre a súa orixe pero a máis estendida refírese ao falecemento de máis dun centenar de traballadoras nunha fábrica textil de EE.UU. e á violenta represión que sufriron as traballadoras que se manifestaron ante a neglixencia empresarial, baixos soldos e pésimas condicións laborais. Para compensar a dureza desta realidade xa pasada, un clásico do humor nos recorda que aínda nos queda moito camiño por percorrer . A propia ONU, nunha das súas páxinas, nos lembra que " esta é unha data para reflexionar sobre os avances conseguidos e celebrar as accións daquelas mulleres que desempeñaron unha función extraordinaria na historia dos dereitos da muller ". Por iso dedicamos a frase do mes a unha destas mulleres, a escritora fr...

UNHA NOVA CELEBRACIÓN: FELICIDADES JULIO VERNE.

Imagen
Parte 2 do vídeo.   Parte 3 do video. Parte 4 do vídeo. De ter sido un "inmortal", aínda que en certa maneira xa o é gracias á súa literatura, hoxe Julio Verne (1828-1905) estaría de cumpreanos. Cumpriría nin máis nin menos que 184. Julio Verne foi un magnífico escritor francés que é considerado o pai da ciencia ficción. Nos seus libros foi capaz de predecir algúns dos grandes inventos da tecnoloxía do século XX. Como vedes, tal e como se nos decía na frase do mes, A CIENCIA FICCIÓN PODE CAUSAR O FUTURO. Aquí tedes un magnífico exemplo desto. Estas son algunhas das anticipacións que Verne fixo nas súas obras. Ante la bandera , Los quinientos millones de la Begún : armas de destrucción masiva. Robur el Conquistador : helicóptero. De la Tierra a la Luna , Alrededor de la Luna : naves espaciais. Una ciudad flotante : grandes transatlánticos, bonecas parlantes. París en el siglo XX : internet, motores de explosión. 20.000 leguas de viaje submarino , La...

BICENTENARIO NO NACEMENTO DE CHARLES DICKENS

Imagen
Hoxe, dia sete de febreiro, fai douscentos anos no nacemento dun dos escritores máis importantes tanto da literatura inglesa como da universal. Nas súas obras hai unha profunda crítica social. Para celebrar este bicentenario, e para coñecer algo mellor a este magnífico escritor, no IES de Teis levaremos a cabo unha serie de actividades conmemorativas ó longo de todo o 2012. ¿Que sabes tu de Carles Dickens? ¿Tes lido algunha das súas obras? Déixanos a túa opinión.