Entradas

BENVIDOS

Imagen
Un curso máis a biblioteca do IES de Teis abre as súas portas para que tod@s poidades disfrutar das súas instalacións. Este será un ano cheo de novidades que esperamos que sexan do voso agrado. Non esquezades que toda a comunidade do centro está invitada a participar neste espazo cos seus comentarios. Estamos desexando que vos empecedes a comunicar con nós.

A frase do mes

Imagen
O 17 de Maio , como xa sabedes, celebramos o Día das Letras Galegas , xornada instituída en 1963 pola Real Academia Galega para homenaxear a aquelas persoas que destacaron pola súa creación literaria en idioma galego ou pola súa defensa da nosa lingua. Este ano, adícase a Valentín Paz Andrade , persoa de traxectoria moi diversa: ensaista, poeta, xornalista, xurista, político..., polo seu compromiso co país en diferentes ámbitos. Eleximos os versos finais do poema " As úberes do medo " , da súa obra "Sementeira do vento " ,   e volos achegamos como frase do mes. Como sempre, vos convidamos a pensar sobre ela e a compartir connosco as vosas reflexións.

DIA DO LIBRO

Imagen
Como todos saberedes xa, hoxe, 23 de abril, celébrase o día do libro.  Esta data elexiuse porque coincide coa data de falecemento (ainda que de distintos anos)  de dúas grandes plumas da literatura universal: MIGUEL DE CERVANTES e W. SHAKESPEARE. Gustaríanos que hoxe vísedes este vídeo e que reflexionásedes sobre o papel que os libros teñen  ou poden ter nas nosas vidas. FELIZ DÍA DO LIBRO.

Gañadores do I Concurso Internacional de Cartas de Amor

Imagen
Os nosos parabéns para todos os participantes e, en especial, para os gañadores do I Concurso Internacional de Cartas de Amor A relación de gañadores en cada categoría é a seguinte:   Posto Categoría A Categoria B 1º SONIA DAPONTE JAVIER GONZÁLEZ 2º AROA CAMPOS ERIKA MOSQUERA PÉREZ 3º ANTÍA TOURIÑO NATALIA CASTRO GIRÁLDEZ MOITAS GRAZAS A TODOS POLA VOSA COLABORACION

Charla-coloquio con Fran Alonso

Imagen
O pasado mércores 14 de marzo, poidemos gozar da visita do polifacético escritor Fran Alonso ó noso centro. Os alumnos e alumnas de ESO e Bacharelato tiveron ocasión de poder preguntarlle en vivo e en directo sobre aspectos  dalgunhas das súas obras lidas nas nosas aulas: "Cemiterio de elefantes", "Cartas de amor", "Ninguén"... e tamén de deixarse sorprender polos "efectos especiais" aplicados á poesía, sentindo como as palabras se hinchan e estoupan, descubrindo o canto da curuxa na noite ou o bruar do mar no medio do salón de actos. Unha experiencia que de certo nos achega mais ó universo da palabra e a lectura. Grazas por todo canto nos transmitiches,Fran. Esperamos verte mais veces.

A frase do mes

Imagen
O día 8 de Marzo celébrase, a nivel internacional e co recoñecemento da ONU ,  o Día da Muller . Conmemórase a loita das mulleres para conseguir participar na sociedade en igualdade de condicións respecto aos varóns. Existen versións diferentes sobre a súa orixe pero a máis estendida refírese ao falecemento de máis dun centenar de traballadoras nunha fábrica textil de EE.UU. e á violenta represión que sufriron as traballadoras que se manifestaron ante a neglixencia empresarial, baixos soldos e pésimas condicións laborais. Para compensar a dureza desta realidade xa pasada, un clásico do humor nos recorda que aínda nos queda moito camiño por percorrer . A propia ONU, nunha das súas páxinas, nos lembra que " esta é unha data para reflexionar sobre os avances conseguidos e celebrar as accións daquelas mulleres que desempeñaron unha función extraordinaria na historia dos dereitos da muller ". Por iso dedicamos a frase do mes a unha destas mulleres, a escritora fr...

UNHA NOVA CELEBRACIÓN: FELICIDADES JULIO VERNE.

Imagen
Parte 2 do vídeo.   Parte 3 do video. Parte 4 do vídeo. De ter sido un "inmortal", aínda que en certa maneira xa o é gracias á súa literatura, hoxe Julio Verne (1828-1905) estaría de cumpreanos. Cumpriría nin máis nin menos que 184. Julio Verne foi un magnífico escritor francés que é considerado o pai da ciencia ficción. Nos seus libros foi capaz de predecir algúns dos grandes inventos da tecnoloxía do século XX. Como vedes, tal e como se nos decía na frase do mes, A CIENCIA FICCIÓN PODE CAUSAR O FUTURO. Aquí tedes un magnífico exemplo desto. Estas son algunhas das anticipacións que Verne fixo nas súas obras. Ante la bandera , Los quinientos millones de la Begún : armas de destrucción masiva. Robur el Conquistador : helicóptero. De la Tierra a la Luna , Alrededor de la Luna : naves espaciais. Una ciudad flotante : grandes transatlánticos, bonecas parlantes. París en el siglo XX : internet, motores de explosión. 20.000 leguas de viaje submarino , La...