Entradas

1º PREMIO CONCURSO CARTAS DE AMOR. CATEGORÍA "C"

Vigo, 24 de febreiro de 2013 Meu amor,     Comezo a escribirche nunha xeada tardiña de sol e vento. Nubes brancas camiñan de présa polo ceo, mentres na rúa uns poucos nenos xogan, abrigados, alleos ós rigores do inverno. Que longo inverno!     Quizais resulte absurdo intentar sequera expresar a natureza e a intensidade dos meus sentimentos. Aínda así abordo a tarefa con decisión, e sen esperanza de que as miñas palabras cambien realmente a natureza e a intensidade dos teus. Pero chegou o momento. Desexo confesar, ante ti e ante o mundo enteiro, que ardo por ti, que non alento, que te idolatro e te venero, que me derreto cando me miras, que te admiro e que te desexo, que te amo… que te amo... que te amo... E esta ladaíña contén un berro e unha liberación, pero tamén un lamento, porque ti non podes darme o que eu tanto devezo.     Hai corenta anos que ando polo mundo na procura dalgún sustento, dunha fortaleza onde aco...

GAÑADORES DO II CONCURSO DE CARTAS DE AMOR CATEGORÍA "A" (1º CICLO DA ESO, PDC E PCPI)

Os gañadores do II concurso de cartas de amor na categoría "A" son: 1º PREMIO: ADRIÁN BRAÑOS (1º ESO) 2º PREMIO: SERGIO FERNÁNDEZ SIERRA (1º ESO) 3º PREMIO: UNA LOCA MÁS... (2º ESO)   Noraboa ós gañadores e a todos os participantes.

GAÑADORES DO II CONCURSO DE CARTAS DE AMOR. CATEGORÍA "B" (2º CICLO DA ESO, BACHARELATO E CICLOS FORMATIVOS)

Os gañadores da CATEGORÍA "B"  no II Concurso de cartas de amor son: 1º PREMIO: ALBERTO (4º ESO) 2º PREMIO: NENA  (3º ESO) 3º PREMIO: AXEL (4º ESO)   Noraboa ós tres e tamén a todos os participantes.

GAÑADORES DO CONCURSO DE CARTAS DE AMOR CATEGORÍA "C": PROFESORES E PERSOAL NON DOCENTE.

Os gañadores na categoría "C" son:   1º PREMIO: NOCTURNO. 2º PREMIO: GASPAR. 3º PREMIO: ANA Mª RÚA. Noraboa ós gañadores e grazas de novo ó resto de participantes. MAÑÁ, MARTES, PUBLICARANSE OS NOMES DOS GAÑADORES NA CATEGORÍA "B" ( 2º ciclo da ESO, BACHARELATO E CICLOS FORMATIVOS). SOOOOOORTE, E NON RILLEDES NAS UÑAS COS NERVIOS. 

RESOLUCIÓN DO CONCURSO DE CARTAS DE AMOR: 1ª PISTA.

O xurado do II CONCURSO MUNDIAL DE CARTAS DE AMOR  xa emitiu o seu veredicto.   Teredes que permañecer moi atentos ó blog para saber si sodes un dos afortunados. OS PREMIOS ENTREGARANSE NO FESTIVAL DE FINAL DE CURSO. CATEGORÍA A (1º CICLO DA ESO, PDC E PCPI): PRIMEIRA PISTA . OS GAÑADORES DOS TRES PRIMEIROS PREMIOS NON CURSAN NIN PDC NIN PCPI.   CATEGORÍA B (2º CICLO DA ESO, BACHARELATO E CICLOS) OS GAÑADORES DOS TRES PRIMEIROS PREMIOS CURSAN 2º CICLO DA ESO.   CATEGORÍA C (PROFESORES E PERSONAL NON DOCENTE) OS GAÑADORES SON PROFESORES QUE NON PERTENCEN ÓS DEPARTAMENTOS DE LINGUAS.   Permanecede atentos ó blog, iremos poñendo máis pistas... GRACIAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN E NORABOA ÓS GAÑADORES!!!!!   

15O ANIVERSARIO DA PUBLICACIÓN DE CANTARES GALLEGOS

Imagen
O 17 de maio de 1863 via a luz por primeira vez o poemario Cantares gallegos escrito por Rosalía de Castro. Esta obra marcou un antes e un despois na literatura galeg a e é considearada a primeira obra maes tra da literatura galega contemporánea . Representou un fito decisivo no rexurdimento cultural de Galicia e da súa lingua. (Primeira edición de Cantares Gallegos gardado na Cidade da Cultura) Par a entender a importancia de Rosalía e da súa obra na nosa cultura, temos que contextualizala na época que lle tocou vivir. A literatura, a lingua e a cultura galega en xeral, pasou durante os séculos XVI, XVII e XVIII por unha época de decadencia que se coñece co nome de SÉCULOS ESCUROS . A perda de prestixio e usos cultos da lingua galega durante esta época tivo que ver principalmente coa perda de poder político e administrativo do Reino de Galicia ; e xerou a casi total desaparición da nosa lingua dos ámbitos cultos. Preme aquí para saber máis sobre os...

II CONCURSO DE CARTAS DE AMOR

Imagen
Un ano máis o IES TEIS organiza o    CONCURSO DE CARTAS DE AMOR Participar é moi fácil : so tes que escribir unha carta de amor a unha persoa, animal, lugar...  da igual quen sexa o teu destinatario, o caso é que o teu texto sexa: UNHA MARABILLOSA E EMOTIVA CARTA DE AMOR!!! Consulta as bases premendo no sobre que tes aquí debaixo. Si tes algunha dúbida, fala cos teus profesores de lingua galega ou de lingua castelá. Ver as bases do concurso