Entradas

V CONCURSO DE CARTAS DE AMOR

Imagen
XA ESTÁ AQUÍ O V CONCURSO DE CARTAS DE AMOR DO IES DE TEIS.   Un ano máis, o Departamento de lingua Castelá e literatura, en colaboración coas responsables da Biblioteca e do Proxecto lector, convocan o CONCURSO DE CARTAS DE AMOR.    Prestade atención porque este ano ven con algunhas novidades.   O concurso consistirá en escribir un texto de amor (carta, poema, caligrama, poema visual...) que conteña obligatoriamente as seguintes  10 palabras: MELIFLUO AFLIGIR SORTILEGIO REMEMORAR EVITERNO ERRANTE SERENDIPIA INCAUTO INMARCESIBLE CAUTIVO     Este ano NON haberá palabras prohibidas.   Pode participar calquera membro da comunidade do IES: alumnado, profesorado e persoal non docente.  Estableceranse tres categorías e o mellor texto de cada unha recibirá un premio.   Categoría A : 1º CICLO DA ESO, PMAR E PCPI. Categoría B: 2º CICLO DA ESO, BACHARELATO E FP (medio e superior) Categoría...

ESTASE COCENDO OUTRO CONCURSO...

Imagen
  PERMANECEDE MOI ATENTOS O BLOG...  

CONCURSO MASCOTA DA BIBLIOTECA

Imagen
  Rematado o plazo para presentar os vosos traballos, agora tócalle ó xurado escoller a mellor proposta.   Ó longo da primeira quincena do mes de febreiro saberase si, por fin, temos mascota para a nosa biblioteca.   

REPRESENTACIÓN TEATRAL EN EL IES TEIS.

Imagen
El pasado martes 10 de noviembre, alumnos y profesores tuvimos el placer de asistir a la representación de “Ahora mismitos”, ofrecida por la compañía Malaje sólo a través del actor Antonio Blanco. Antonio lleva desarrollando estas sesiones de teatro didáctico desde el año 2002 y ha recorrido más de 500 centros por toda la geografía española. Su desenfadada y festiva aproximación a la mitología clásica por el camino del humor logró cautivar a todo el alumnado, que tuvo la oportunidad de interactuar y ser partícipe activo de la representación y quedó encantado con la experiencia. Quizá alguno se atreva ahora a acercarse con más entusiasmo a los mitos y, por supuesto, al teatro. Enlaces para consultar más información sobre “Ahora mismitos” pincha aquí y aquí .

ACTIVIDADES PARA TRABALLAR A VIOLENCIA DE XÉNERO NAS TITORIAS.

Imagen
Un ano máis deixámosvos os enlaces ós materiais elaborados polo Proxecto Lector para traballar a violencia de xénero nas aulas durante o mes de novembro. Podedes facer todas as actividades ou aquelas que vos parezan máis interesantes ou que se adapten mellor ó voso alumnado. Agradeceríamosvos que vós e o voso alumnado nos deixárades comentarios nesta entrada sobre o material: que vos parece, cambiaríades algo, que botades en falta, etc... ACTIVIDADES PRIMEIRO DA ESO FP BÁSICA: AQUÍ ACTIVIDADES SEGUNDO DA ESO FP BÁSICA: AQUÍ ACTIVIDADES TERCERO ESO: AQUÍ ACTIVIDADS CUARTO DA ESO: AQUÍ

CONCURSO: A BIBLIOTECA BUSCA MASCOTA.

Imagen
    Xa fai días que vos anunciamos que se viña cocendo un concurso. Pois aquí o tedes: BÚSCASE MASCOTA PARA A BIBLIOTECA. Pensamos que toda biblioteca que se precie ten que ter unha mascota e eso é o único que lle falta á nosa. Por eso, coincidindo coa celebración do Día das Bibliotecas decidimos convocar este concurso. Teredes que inventar o aspecto e a biografía da mascota, polo tanto, haberá que enviar un debuxo e un texto. ATENTOS AS BASES: 1.- PARTICIPANTES: pode participar todo o alumnado do IES de TEIS. 2.- FORMATO: os debuxos poderán presentarse en papel tamaño DINA 4 ou vía mail en formato JPG. O texto poderase presentar manuscrito con letra lexible ou vía mail en formato PDF. Ambos deberán ir firmados co voso nome completo e o curso no que estades. 3.-  NÚMERO DE DEBUXOS QUE SE PODEN PRESENTAR: cada participante poderá presentar un máximo de tres propostas. 4.- TÉCNICA UTILIZADA: poderase utilizar calquera técnica para a creac...

AFACERSE Á AUSENCIA: ANXO PINTOS LAMOSO

Imagen
Hoxe é un día triste no noso instituto. Comenzar o día coa noticia da túa marcha non é doado.  Sabemos que non che gustaban nada as fotos; pero permítenos que, diante desta imaxe túa, todos os que te queríamos poidamos despedirnos de ti. ¡Botarémoste de menos, compañeiro, amigo, profe...! Non será doado afacerse á túa ausencia .   Se cando a morte pálida me apañe deixo no mundo un pouco de memoria, eu quero que o teu nome me acompañe, se che pode servir dalgunha gloria; e se labro estos versos co teu lembro contra da cinza, a corrupción e o lodo, é que eu non quero crer que aquel setembro acabase pra sempre xa con todo.   Darío Xohán Cabana (1994)