Entradas

O Principiño

Imagen
Hoxe recomendamos un clásico da literatura: O Principiño, de Antoine de Saint-Exupéry. Polas ilustracións e o xeito no que está escrito podería parecer un conto infantil pero, nada máis lonxe da realidade! O Principiño é unha metáfora da vida, o amor e a amizade e ofrécenos ensinanzas tan importantes coma estas: «Soamente se ve ben co corazón. O esencial é invisible aos ollos.» «Todas as persoas maiores foron nenos antes. (Pero poucas se lembran).» «Un raposo semellante a cen mil raposos. Pero eu fíxeno amigo meu e agora é único no mundo.» «As persoas maiores nunca comprenden nada por si soas e é fastidioso para os nenos terlles que andar dando sempre explicacións.» «Ás persoas maiores gústanlles as cifras. Cando lles falades dun novo amigo, nunca vos preguntan nada esencial del. Nos vos din: "Como é a súa voz? Que xogos lles gustan máis? Colecciona bolboretas?" Non, as persoas maiores preguntan: "Cal é a súa idade? Cantos irmáns ten? Canto pesa? Canto gaña o seu...

O 30 de novembro concédeselle o Premio Cervantes a Eduardo Mendoza

Imagen
Un novelista amante do misterio, do humor e dos protagonistas extravagantes que viven nas marxes da sociedade. Na biblioteca do IES de Teis poderás encontrar algúns títulos do autor: Sin noticias de Gurb , a crónica dun extraterrestre enviado ao curioso planeta Terra para estudiar seus habitantes, e Misterio en la cripta embrujada , desternillante investigación dun misterio policiaco. Dúas divertidas opcións para as vacacións de Nadal Tica aquí para ler a noticia completa.

Os lectores do IES de Teis recomendan

Un libro para celebrar o 24 de outubro, día da biblioteca

ACTIVIDADES CONMEMORATIVAS DO DÍA DO LIBRO 2016

Imagen
Para conmemorar o día do libro 2016 no noso instituto celebraremos as seguintes actividades: Exposición de cartelería sobre o día do libro. Exposición conmemorativa do IV centenario da morte de Miguel de Cervantes Saavedra. III Feira do libro usado do IES de Teis. III concurso de microrrelatos do IES de Teis. Entrega de premios do V Concurso de cartas de amor e lectura dos traballos gañadores. Lectura colectiva de fragmentos de El Quijote. ¡ESPERAMOS QUE DITAS ACTIVIDADES SEXAN DO VOSO AGRADO!

GAÑADORES DO V CONCURSO DE CARTAS DE AMOR

Imagen
Xa temos o fallo do xurado do V CONCURSO DE CARTAS DE AMOR. OS PREMIOS ENTREGARANSE O MÉRCORES 27 DE ABRIL ÁS 12.00 NO SALÓN DE ACTOS. ¡NORABOA ÓS GAÑADORES! CATEGORÍA A: 1º PREMIO: ANA PORTAS VASCO (2º A) 2º PREMIO: ESMERLIN TEJADA E DANIELLA AGUERREBERRY (2º B) 3º PREMIO: AINOA MORENO (2º B) CATEGORÍA B: 1º PREMIO : MATEO GÓMEZ OTERO (4º ESO) E ANTÍA PEREIRA (4º PDC). 2º PREMIO : NATALIA ABELLA GONZÁLEZ (ZM ESTÉTICA) 3º PREMIO : M. CELESTE FERNÁNDEZ (ZM ESTÉTICA). PREMIOS ESPECIALES. IVÁN MONTENEGRO (4º ESO): POLA CALIDADE SUBLIME E ORIXINALIDADE DO SEU TRABALLO, E POLA SÚA TRAXECTORIA DE PARTICIPACIÓN EN TODOS OS CONCURSOS QUE DENDE AQUÍ ORGANIZAMOS.   JOSÉ MANUEL FERNÁNDEZ VILLAR  (2º ESO B): POLO SEU ESFORZO, INTERESE E TRABALLO E POLA CALIDADE DO SEU TRABALLO.

REGUEIFAS NO IES DE TEIS.

Imagen
HOXE DÍA 17 DE FEBREIRO, MÉRCORES, A PARTIR DAS DOCE, O ALUMNADO DE TERCEIRO E CUARTO DA ESO ASISTIRÁ A UNHA DEMOSTRACIÓN E COMPETICIÓN DE REGUEIFAS NO SALÓN DE ACTOS. A VER QUÉ NOS CONTAN. ESPERAMOS QUE LLES GUSTE A ACTIVIDADE.

FALLO DO CONCURSO: BÚSCASE MASCOTA

Imagen
O xurado do concurso BÚSCASE MASCOTA PARA A BIBLIOTECA decidiu declarar o premio deserto ó considerar que os traballos presentados non cumprían coas expectativas plantexadas.  Non obstante, quere agradecer o esforzo dos participantes e animalos a que sigan traballando nas súas ideas para presentarse de novo o ano que ven.