Hoxe é un día triste no noso instituto. Comenzar o día coa noticia da túa marcha non é doado. Sabemos que non che gustaban nada as fotos; pero permítenos que, diante desta imaxe túa, todos os que te queríamos poidamos despedirnos de ti. ¡Botarémoste de menos, compañeiro, amigo, profe...! Non será doado afacerse á túa ausencia . Se cando a morte pálida me apañe deixo no mundo un pouco de memoria, eu quero que o teu nome me acompañe, se che pode servir dalgunha gloria; e se labro estos versos co teu lembro contra da cinza, a corrupción e o lodo, é que eu non quero crer que aquel setembro acabase pra sempre xa con todo. Darío Xohán Cabana (1994)
Neste mes de Xaneiro, como cada ano, vimos de celebrar o Día dos Reis Magos . Segundo a tradición, hai uns 2000 anos, tres Reis Magos, guiados por un sinal no ceo, a Estrela de Oriente, puideron chegar ao lugar onde acababa de nacer Xesús para adoralo e entregarlle os seus agasallos. Pero... Canto hai de lenda e canto de verdade científica ? Sábese que moitos detalles desta historia foron engadidos ao longo dos séculos: os seus nomes, o seu número e incluso a raza do rei Baltasar... E qué hai da estrela?. Estudosos de distintas épocas preguntáronse pola natureza desde astro e propuxeron diferentes teorías sobre feitos reais que poideron dar orixe ao mito. O astrónomo Mark Kidger sostén a hipótese de que a Estrela de Belén puido ser unha sucesión de acontecementos astronómicos ocorridos durante dous anos: unha conxunción planetaria seguida da aparición dunha nova . Súa é a seguinte frase: Vos convid...
O martes 29 de septembro celebrouse o 468 aniversario do nacemento de Cervantes. Con este motivo, o dibuxante Forges publicou esta viñeta e convídanos a que axudemos a que unha estrela e os seus catro planetas pasen a levar “nomes cervantinos”: Cervantes, Quijote, Sancho, Dulcinea y Rocinante. Si estás de acordo coa súa proposta, so tes que votar na seguinte páxina: http://estrellacervantes.es/ ¡Agardamos o teu voto! Cervante s e a súa obra ben o merecen
Comentarios