Lembrando a Salinger

O pasado 27 de xaneiro finou o escritor Jerome David Salinger, ós 91 anos de idade.
Salinger consagrouse como escritor a nivel mundial coa súa novela O vixía entre o centeo, publicada en 1951, obra que ten por persoaxe central ó adolescente Holden Caulfield. O linguaxe provocador, a rebeldía adolescente e a crítica á hípocresía da sociedade fan que esta novela aínda manteña sabor de actualidade. Outras obras do autor, publicadas nos anos 50 e 60 son Nine Stories (Nove contos) en 1953 Franny y Zooey, Raise High the Roof Beam, Carpenters and Seymour: An introduction (Levantade, carpinteros, a viga do tellado, e Seymour: unha introducción), protagonizados pola atípica familia Glass.
Se queres formar parte dese nutrido grupo de persoas que durante xeneracións ten saboreado a obra de Salinger, recorda que na nosa biblioteca de Teis podes atopar exemplares dispoñibles de O vixía entre o centeo en lingua inglesa, galega, castelá.

Comentarios

Entradas populares de este blog

AFACERSE Á AUSENCIA: ANXO PINTOS LAMOSO