Faleceu Jorge Semprún

Primeiro sentimos a morte de Saramago, despois a de Sabato, e agora a de Semprún. Biblioteis quere deixar aquí o seu sentido homenaxe a outro escritor comprometido co seu tempo e cos dereitos e a dignidade do home. Loitador contra o nazismo, conseguiu sobrevivir ao campo de exterminio de Buchemwald (Alemania); mais de alí levouse dous recordos imborrables: o cheiro a carne quemada e o número 44.904 tatuado na súa pel.  Experiencia que lle marcaría a súa vida e obra. A cabalo entre Francia e España, foi escritor (en francés e español), guionista e político (ministro de cultura -1988/1991-). Europeísta convencido, os seus textos son un lúcido testemuño do violento século XX. A súa morte é sentida en España, Francia e Alemania.



 




Comentarios

Entradas populares de este blog

AFACERSE Á AUSENCIA: ANXO PINTOS LAMOSO