CONCURSO DE POESÍA FIN DE CURSO
Convócase no IES de Teis un concurso de poesía dirixido a todos os membros do centro
|
|||
Bases do concurso
·
Os alumnos que quixeran participar deben entregar un poema de creación propia de calquera temática e seguindo as normas de composición que vos parezan (verso libre, soneto, romance, etc...)
·
Podedes empregar calquera das dúas linguas oficiais: galego ou castelán
·
Habilitaremos na biblioteca un taboleiro onde se irán exhibindo as vosas composicións de forma anónima. Por detrás figurará o voso nome e o curso o que pertencedes
·
Entregaranse tres premios ás seguintes categorías:
1.
ó poema máis orixinal
2.
ó poema máis elaborado formalmente
3.
ó poema máis emotivo
·
Fallaranse os premios ó final de curso
Organiza: Biblioteca/ Actividades culturais/ Proxecto Lector
|
Comentarios