O mundo literario, intelectual e xornalístico de Galicia ficou sorprendido coa escolla que fixo a RAG do prematuramente finado poeta monfortino Lois Pereiro coma homenaxeado no Día das Letras Galegas do 2011. Biblioteis quere destacar aquí a interesante e entrañable figura dun poeta querido por todos. Deixámosche aquí esta entrada para que o coñezas mellor. Comezamos por este cartaz dixital feito por Román Cerqueiro Landín ( caderno de lingua ) do IES de Porto do Son. Parabens polo traballo. (Preme en Gloster/full size, para velo a pantalla completa) Páxina de Lois Pereiro Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística. Excelente páxina, en continua actualización, adicada a Lois Pereiro . Lois Pereiro na Wikipedia . Deixa no noso mural o teu testemuño sobre Loi Pereiro. Preme na barra azul, elixe cor e escribe a túa mensaxe.
Como todos saberedes xa, hoxe, 23 de abril, celébrase o día do libro. Esta data elexiuse porque coincide coa data de falecemento (ainda que de distintos anos) de dúas grandes plumas da literatura universal: MIGUEL DE CERVANTES e W. SHAKESPEARE. Gustaríanos que hoxe vísedes este vídeo e que reflexionásedes sobre o papel que os libros teñen ou poden ter nas nosas vidas. FELIZ DÍA DO LIBRO.
A celebración fai un par de semanas do Día do Libro e a máis recente conmemoración do Día das Letras Galegas fixéronnos botar aínda máis de menos á nosa querida Biblioteis . Por iso, e para tela máis presente ata que poidamos desfrutar dela en persoa, botamos a andar de novo este blog. Lembraremos nel as actividades realizadas ao longo deste curso e darémosvos a coñecer o noso catálogo para ir facendo a boca auga e ir quentando motores para próximas lecturas.
Comentarios