IV CONCURSO DE CARTAS DE AMOR






Por cuarto ano consecutivo o IES de TEIS ten o pracer de convocar o seu CONCURSO DE CARTAS DE AMOR.

As normas son as seguintes:

1.- Poderán  participar alumnos, profesores e persoal non docente do instituto.
2.- Haberá tres categorías:
  • Categoría A: ESO, PDC e PCPI.
  • Categoría B: BACHARELATO E FP (medio e superior)
  • Categoría C: persoal docente e non docente.
3.- Os textos poden ser cartas tradicionais, poemas, caligramas, acrósticos, collages...
4.- Os textos participantes deberán usar obrigatoriamente as seguintes palabras: IDOLATRAR, DEPLORAR, VENERAR,  FEBRIL, SUBLIME e TEIS.
5.- Os textos non poderar usas estes vocablos: TER, QUERER, AMOR, BICO, MALO.


As cartas poden estar escritas en calquera das catro linguas que se imparten no centro e estar dirixidas a quen ou o que queirades.
O plazo de presentación remata o 13 de febreiro.
As cartas meteranse nun buzón que se colocará na biblioteca

Poden ir firmadas co nome real e o curso ou levar un pseudónimo. Neste caso, xunto coa carta haberá que entregar un sobre no que figure na parte exterior o pseudónimo e na interior o nome e curso (si é o caso) da persoa que a escribe.

Comentarios

Anónimo ha dicho que…
Cando se dan os premios?
BIBLIOTEIS ha dicho que…
O xurado vaise poñer a traballar esta semana. Tedes que darlle tempo a que lean e puntúen os traballos, que son moitos. Antes de que remate o trimestre publicaranse os gañadores no blog. Ainda non temos claro cando entregaremos os premios porque nos gustaría que fose nun acto chulo. Seguirémosvos informando por aquí.

Entradas populares de este blog

AFACERSE Á AUSENCIA: ANXO PINTOS LAMOSO