Dúas obras de Darío Fo na nosa biblioteca
"A sátira é a arma máis eficaz contra o poder: o poder non soporta o humor, nin siquera os gobernantes que se fan chamar democráticos, porque a risa libera ao home dos seus medos”
Xa podedes disfrutar coa lectura de Darío Fo, autor dun teatro tan ameno e divertido coma comprometido e cargado de significado. Premio Nobel de Literatura en 1997, dedicou a súa vida e a súa obra á denuncia das inxusticias sociais e á crítica dos abusos do poder.Nestes enlaces podedes coñecer algo máis sobre este interesantísimo autor, recentemente finado. Mesmo podes ver vídeos con fragmentos de representacións súas obras.
http://www.elconfidencial.com/cultura/2016-10-14/dario-fo-obras-irreverente-critica-iglesia-politica-sexo_1274677/
http://www.elconfidencial.com/multimedia/album/cultura/2016-10-13/dario-fo-fotos-bufon-nobel-literatura_1274502#0
Estas son as nosas novas adquisicións:
Muerte accidental de un anarquista, a súa obra máis representada. Unha comedia delirante baseada nun feito real nada cómico, pero non menos delirante:
Lucrecia Borgia, la hija del Papa, unha novela baseada na increíble vida desta muller do Renacimento. Un mundo real con personaxes históricos que máis ben semellan de ficción.
Comentarios