A celebración fai un par de semanas do Día do Libro e a máis recente conmemoración do Día das Letras Galegas fixéronnos botar aínda máis de menos á nosa querida Biblioteis. Por iso, e para tela máis presente ata que poidamos desfrutar dela en persoa, botamos a andar de novo este blog. Lembraremos nel as actividades realizadas ao longo deste curso e darémosvos a coñecer o noso catálogo para ir facendo a boca auga e ir quentando motores para próximas lecturas.
A frase do mes
Neste mes de Xaneiro, como cada ano, vimos de celebrar o Día dos Reis Magos . Segundo a tradición, hai uns 2000 anos, tres Reis Magos, guiados por un sinal no ceo, a Estrela de Oriente, puideron chegar ao lugar onde acababa de nacer Xesús para adoralo e entregarlle os seus agasallos. Pero... Canto hai de lenda e canto de verdade científica ? Sábese que moitos detalles desta historia foron engadidos ao longo dos séculos: os seus nomes, o seu número e incluso a raza do rei Baltasar... E qué hai da estrela?. Estudosos de distintas épocas preguntáronse pola natureza desde astro e propuxeron diferentes teorías sobre feitos reais que poideron dar orixe ao mito. O astrónomo Mark Kidger sostén a hipótese de que a Estrela de Belén puido ser unha sucesión de acontecementos astronómicos ocorridos durante dous anos: unha conxunción planetaria seguida da aparición dunha nova . Súa é a seguinte frase: Vos convid...
Comentarios