Entradas

Concurso "Mira que leo e dime quen son"

Imagen
Sobre a base dunha idea do I.E.S. Manoel Antonio, Biblioteis convocou o concurso...   Mira que leo e dime quen son . Facilitábanse, por unha banda, os nomes de 8 profesores e profesoras do centro, e, pola outra, un comentario sobre as súas lecturas favoritas en idade escolar e na actualidade. Nunha ficha,  cada alumna ou alumano participante asociaba cada "lector anónimo" coas súas lecturas. Os concursantes podían preguntar ó propio profesorado voluntario ou a outros membros da comunidade escolar para obter mais pistas sobre as respostas correctas. Os premios deste ano foron para: Olga Ajenjo Mateo, Yaiza Barros Barral e Marta Granada Rodríguez (3º ESO)

Álvaro Cunqueiro cumpre 100 primaveras

Imagen
En decembro cumpriranse cen anos do nacemento en Mondoñedo (22 de dicembro de 1911 — Vigo, 28 de febrero de 1981),dunha das grandes persoalidades das nosas letras. Cunqueiro é un dos grandes tesouros da literatura galega e universal. Para conmemorar o o seu centenario, Biblioteis ven de organizar unha exposición de carteis para achegar a súa grande figura aos máis novos. Vida e obra Para descargalos e imprimilos, preme aquí.

Faleceu Jorge Semprún

Imagen
Primeiro sentimos a morte de Saramago, despois a de Sabato, e agora a de Semprún. Biblioteis quere deixar aquí o seu sentido homenaxe a outro escritor comprometido co seu tempo e cos dereitos e a dignidade do home. Loitador contra o nazismo, conseguiu sobrevivir ao campo de exterminio de Buchemwald (Alemania); mais de alí levouse dous recordos imborrables: o cheiro a carne quemada e o número 44.904 tatuado na súa pel.  Experiencia que lle marcaría a súa vida e obra. A cabalo entre Francia e España, foi escritor (en francés e español), guionista e político (ministro de cultura -1988/1991-). Europeísta convencido, os seus textos son un lúcido testemuño do violento século XX. A súa morte é sentida en España, Francia e Alemania.   Vida e obra Reseñas dos seus libros 

Biblioteca dixital de Biblioteis

Imagen
No escritorio acabamos de inaugurar a nosa biblioteca dixital para que podas ler na pantalla, e de balde, os clásicos de aventuras e terror. Preme na imaxe para acceder a ela.

Día das letras galegas, 2011

Imagen
O mundo literario, intelectual  e xornalístico de Galicia ficou sorprendido coa escolla que fixo a RAG do prematuramente finado poeta monfortino Lois Pereiro coma homenaxeado no Día das Letras Galegas do 2011. Biblioteis quere destacar aquí a interesante e entrañable figura dun poeta querido por todos. Deixámosche aquí esta entrada para que o coñezas mellor. Comezamos por este cartaz dixital feito por Román Cerqueiro Landín ( caderno de lingua ) do IES de Porto do Son. Parabens polo traballo. (Preme en Gloster/full size, para velo a pantalla completa) Páxina de Lois Pereiro Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística. Excelente páxina, en continua actualización, adicada a Lois Pereiro . Lois Pereiro na Wikipedia . Deixa no noso mural o teu testemuño sobre Loi Pereiro. Preme na barra azul, elixe cor e escribe a túa mensaxe.

Os dereitos do lector

Imagen

Videopoema

Aquí deixámosvos o traballo de fin de carreira do videoartista alemán Joerg Barton para gozar da imaxe e a música. (Visto en Kabytes ) I´ll kill her from Joerg Barton on Vimeo .