A celebración fai un par de semanas do Día do Libro e a máis recente conmemoración do Día das Letras Galegas fixéronnos botar aínda máis de menos á nosa querida Biblioteis . Por iso, e para tela máis presente ata que poidamos desfrutar dela en persoa, botamos a andar de novo este blog. Lembraremos nel as actividades realizadas ao longo deste curso e darémosvos a coñecer o noso catálogo para ir facendo a boca auga e ir quentando motores para próximas lecturas.
Entradas
Hoxe recomendamos: Maus
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
¿Sabías que na biblioteca contamos cunha sección dedicada ao cómic e á novela gráfica? Entre outros títulos emblemáticos deste xénero, atopamos Maus, unha novela gráfica escrita e debuxada por Art Spiegelman, gañadora do prestixioso premio Pulitzer. Trátase dunha verdadeira xoia que conta o Holocausto a través da historia real do pai do autor, un xudeu polaco, supervivente do campo de concentración de Auschwitz. Unha historia desgarradora e impactante, que atrapa ao lector desde o principio. Conta as desconfianzas, traizóns, os campos de concentración, a barbarie, todo isto unido ás reflexións sobre o que foi necesario para sobrevivir dun supervivente do maior centro de exterminio do nazismo. Se che gusta a novela gráfica ou se aínda non te atreviches con este tipo de xénero, non deixes de ler Maus, de seguro, non te deixará indiferente.
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
Os lectores do IES de Teis recomendan Ana, de 3º de ESO, recomenda Un sol dentro de mí, da escritora viguesa Sonia Mirón. " Es un libro que te enseña a ver la vida real desde el punto de vista de otra persona. Natalia, la protagonista, se tiene que cambiar de ciudad por el trabajo de su padre y tiene los problemas que podría tener cualquiera. Unas chicas le dicen que quieren ser sus amigas, pero al final solo la usan para lo que ellas quieren , hacen que deje de estar a gusto consigo misma y deja de comer. Consigue sobrevivir a este infierno gracias a su nuevo amigo, Miguel. como ya casi no habla con sus padres y casi no come, estos deciden hablar con Encarna, su vecina y enfermera. al final, Encarna se la lleva de vacaciones de verano al campo y allí vive con la familia de su hermana. En el campo, Natalia correrá grandes aventuras y descubrirá cómo le puede cambiar la vida en cuestión de segundos ". Ante todo, e en calquera circunstancia, coñécete ben. A bondade
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
Dúas obras de Darío Fo na nosa biblioteca "A sátira é a arma máis eficaz contra o poder: o poder non soporta o humor, nin siquera os gobernantes que se fan chamar democráticos, porque a risa libera ao home dos seus medos” Xa podedes disfrutar coa lectura de Darío Fo, autor dun teatro tan ameno e divertido coma comprometido e cargado de significado. Premio Nobel de Literatura en 1997, dedicou a súa vida e a súa obra á denuncia das inxusticias sociais e á crítica dos abusos do poder. Nestes enlaces podedes coñecer algo máis sobre este interesantísimo autor, recentemente finado. Mesmo podes ver vídeos con fragmentos de representacións súas obras. http://www.elconfidencial.com/cultura/2016-10-14/dario-fo-obras-irreverente-critica-iglesia-politica-sexo_1274677/ http://www.elconfidencial.com/multimedia/album/cultura/2016-10-13/dario-fo-fotos-bufon-nobel-literatura_1274502#0 Estas son as nosas novas adquisicións: Muerte accidental de un anarquista , a súa obra máis represent
O Principiño
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
Hoxe recomendamos un clásico da literatura: O Principiño, de Antoine de Saint-Exupéry. Polas ilustracións e o xeito no que está escrito podería parecer un conto infantil pero, nada máis lonxe da realidade! O Principiño é unha metáfora da vida, o amor e a amizade e ofrécenos ensinanzas tan importantes coma estas: «Soamente se ve ben co corazón. O esencial é invisible aos ollos.» «Todas as persoas maiores foron nenos antes. (Pero poucas se lembran).» «Un raposo semellante a cen mil raposos. Pero eu fíxeno amigo meu e agora é único no mundo.» «As persoas maiores nunca comprenden nada por si soas e é fastidioso para os nenos terlles que andar dando sempre explicacións.» «Ás persoas maiores gústanlles as cifras. Cando lles falades dun novo amigo, nunca vos preguntan nada esencial del. Nos vos din: "Como é a súa voz? Que xogos lles gustan máis? Colecciona bolboretas?" Non, as persoas maiores preguntan: "Cal é a súa idade? Cantos irmáns ten? Canto pesa? Canto gaña o seu
O 30 de novembro concédeselle o Premio Cervantes a Eduardo Mendoza
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
Un novelista amante do misterio, do humor e dos protagonistas extravagantes que viven nas marxes da sociedade. Na biblioteca do IES de Teis poderás encontrar algúns títulos do autor: Sin noticias de Gurb , a crónica dun extraterrestre enviado ao curioso planeta Terra para estudiar seus habitantes, e Misterio en la cripta embrujada , desternillante investigación dun misterio policiaco. Dúas divertidas opcións para as vacacións de Nadal Tica aquí para ler a noticia completa.
Os lectores do IES de Teis recomendan
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones