21/05/2013

15O ANIVERSARIO DA PUBLICACIÓN DE CANTARES GALLEGOS

O 17 de maio de 1863 via a luz por primeira vez o poemario Cantares gallegos escrito por Rosalía de Castro.





Esta obra marcou un antes e un despois na literatura galega e é considearada a primeira obra maestra da literatura galega contemporánea. Representou un fito decisivo no rexurdimento cultural de Galicia e da súa lingua.

(Primeira edición de Cantares Gallegos gardado na Cidade da Cultura)


Para entender a importancia de Rosalía e da súa obra na nosa cultura, temos que contextualizala na época que lle tocou vivir.
A literatura, a lingua e a cultura galega en xeral, pasou durante os séculos XVI, XVII e XVIII por unha época de decadencia que se coñece co nome de SÉCULOS ESCUROS. A perda de prestixio e usos cultos da lingua galega durante esta época tivo que ver principalmente coa perda de poder político e administrativo do Reino de Galicia; e xerou a casi total desaparición da nosa lingua dos ámbitos cultos.
Preme aquí para saber máis sobre os Séculos Escuros. 

 
Rosalía de Castro naceu en Santiago de Compostela en 1837, polo tanto nunha época na quew o galego non era visto como lingua culta;  pasou varios anos da súa infancia en distintas vilas galegas (Ortoño, Padrón, Iria Flavia...) e voltou a Compostela para recibir formación musical, literaria e artística. Foi nesta época cando comezou a coincidir con intelectuais galegos comprometidos coa identidade galega.


En 1856 trasládase a vivir a Madrid, publica as súas primeiras obras e casa co escritor Manuel Murguía en 1858. Debido ó traballo do seu home, Rosalía e a súa familia levarían unha vida bastante itinerante que os obligou a coñecer boa parte da xeografía española e galega. Os últimos anos da súa vida pasounos en Padrón, onde morreu en 1885 ós 48 anos.



Rosalía escribiu tanto prosa coma verso e empregou indistintamente o galego e o castelán. A obra que hoxe nos ocupa é Cantares gallegos.

¿Sabedes por que esta obra é tan importante? 

Cantares gallegos é unha obra fundamental da literatura galega porque é considerada a iniciadora do REXURDIMENTO e o primeiro grande título publicado integramente en galego.

En Cantares, Rosalía reflexa a fala do pobo que durante moitos séculos estivera relegada ó terreo da oralidade e non se empregaba practicamente como lingua de cultura.

Esta obra tivo unha acollida de público e crítica excelente.

No prólogo da obra Rosalía fai un manifesto das súas intencións persoais e literarias. Atopamos en dito prólogo a unha muller que contesta e non se agocha, que defende a voz das mulleres e a lingua galega.

Rosalía quere facer unha poesía que lembre os cantos anónimos do pobo e os seus costumes, por iso se inspira no cancioneiro popular. Pretende que o pobo galego se identifique cos seus versos despois de sufrir durante anos a represión lingüística e social.

 O profesor Xesús Alonso Montero resume as intencións de Rosalía vertidas no prólogo nos seguintes puntos:

  •  Desexo de cantar as belezas e costumes dun pobo que non é ignorante.
  • Defensa do idioma galego.
  • Reflexo da inxustiza e marxinación que sofre Galicia.
  • Resposta a unha provocación exterior, que implica a loa do propio e o rexeitamento do estrano.
  • Reflexo da pobreza de Galicia.
  • Necesidade de expresar a situación de Galicia.
  • Canto xeral a Galicia.
 Cantarte hei, Galicia,
Cantarte hei, Galicia,
teus dulces cantares,
que así mo pediron
na veira do mare.

Cantarte hei, Galicia,
na lengua gallega,
consolo dos males,
alivio das penas.

Mimosa, soave,
sentida, queixosa;
encanta si ríe,
conmove si chora.

Cal ela, ningunha
tan doce que cante
soidades amargas,
sospiros amantes.

(...)

05/02/2013

II CONCURSO DE CARTAS DE AMOR

Un ano máis o IES TEIS organiza o  

CONCURSO DE CARTAS DE AMOR


Participar é moi fácil: so tes que escribir unha carta de amor a unha persoa, animal, lugar...
 da igual quen sexa o teu destinatario, o caso é que o teu texto sexa:
UNHA MARABILLOSA E EMOTIVA CARTA DE AMOR!!!

Consulta as bases premendo no sobre que tes aquí debaixo. Si tes algunha dúbida, fala cos teus profesores de lingua galega ou de lingua castelá.



Ver as bases do concurso



22/01/2013

DIA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

O dia escolar da paz e da non violencia foi declarado por primeira vez no ano 1964.


O seu obxectivo é a educación  en e para a tolerancia, a solidaridade, a concordia, o respeto aos Dereitos Humáns, a non-violencia e a paz.



A PAZ é a tranquilidade que procede do orden e da unidade de vontades.


A paz é a serenidade existente onde no hai conflictos ou guerra.


Dende o punto de vista do Dereito internacional, o término Paz é un convenio ou tratado que pon fin á guerra. A Paz debe estar fundada sobre a verdade, a xustiza, a caridade e a libertade. As armas, a violencia, o poder desmedido e a guerra atentan contra a paz.



DEIXÁMOSCHE AQUÍ DÚAS FRASES SOBRE A PAZ PARA QUE REFLEXIONES SOBRE ELAS.
¿QUÉ CHE PARECEN?
¿ESTÁS DE ACORDO CO QUE SE DI NELAS?

Nunca ha habido una buena guerra ni una mala paz.
Benjamin Franklin
Si quieres la paz, no hables con tus amigos, sino con tus enemigos.
Moshé Dayán

19/12/2012

O APALPADOR DESÉXAVOS UN BO NADAL

¿Coñecedes ó Apalpador? ¿Non? ¿Como é posible?
Hoxe, no blogue da biblioteca imos contarvos a súa historia.


 
O Apalpador, tamén coñecido como Pandigueiro alá nas Terras de Trives na provincia de Ourense, era un carboneiro. Según conta a lenda, o Apalpador baixaba das montañas onde vivia a noite do 24  ou do 31 de decembro. O carboneiro iba de casa en casa para "apalpar" as barriguiñas de todos os nenos e nenas e comprobar así se comeran ben todo o ano. Deixáballes un puñado de castañas, as veces algún regaliño e desexáballes moita feicidad para o novo ano.

Escoita aquí a historia do Apalpador.


E aquí unhas coplas que falan del.


BO NADAL

110 ANIVERSARIO DEL NACIMIENTO DE RAFAEL ALBERTI.


Si Rafael Alberti aún viviera hubiera cumplido el día 16 de diciembre ni más ni menos que 110 años.

Este aniversario nos ha animado a publicar esta entrada en el blog para que conozcáis un poco más de este insigne poeta integrante, en sus inicios como escritor, de la GENERACIÓN DEL 27.

Rafael Alberti nace en el Puerto de Santa María en 1902. La luz de su pueblo natal, el mar y los recuerdos infantiles de los días felices pasados allí no lo abandonarán nunca.

En 1907 se traslada a vivir a Madrid, donde vivirá hasta su exilio en 1939, y allí empieza a tomar contacto con el mundo cultural, primero en el terreno de la pintura, después en el de la literatura. Va a vivir en la Residencia de estudiantes donde coincidirá con otros artistas de la talla de Lorca, Buñuel, Dalí, etc... Poco a poco abandona sus pretensiones pictóricas y se sumerge de lleno en la poesía, aunque el cromatismo nunca abandonará su arte, de modo que en sus poemas podremos apreciar casi siempre esa especial sensibilidad de sus ojos de pintor.
Junto con otros amigos y compañeros de la residencia celebra en 1927 el tricentenario de la muerte de Góngora y será esta fecha, precisamente, la que tomen para dar nombre a un nuevo grupo literario, quizás uno de los mejores de la historia de la literatura española: LA GENERACIÓN DEL 27. 

Su obra en verso se caracteriza por las tonalidades cromáticas y por el perfecto manejo del ritmo y la musicalidad enraizados en la tradición española.
En su obra se observan algunos temas y motivos recurrentes: nostalgia por el paraíso perdido (mar o España), angustia producida por estas pérdidas y preocupación por lo social que lo lleva a tratar temas de la realidad española contemporánea.
Podemos establecer tres etapas en su evolución poética: lírica popular, vanguardismo y poesía política.
  • Su evolución se inicia con una estilización de las formas tradicionales y populares en Marinero en tierra (1925) y prosigue en La amante (1926) y El alba del alhelí  (1927)
  • Una segunda etapa se abre con Cal y canto (1927) y culmina con Sobre los ángeles (1929), libro surrealista, motivado por una crisis personal, ideológica y religiosa.
  • En un tercer momento el poeta humaniza sus versos durante la República, la guerra civil y el exilio, al servicio de las ideas o de la solidaridad: Sermones y moradas (1934), Entre el clavel y la espada  (1941) o Coplas de Juan Panadero (1949).
No hemos de olvidar algunos hermosos libros fruto de su pasión artística, A la pin­tura (1945), o de la nostalgia de España, Retorno de lo vivo lejano (1952).

En 1977, Alberti pudo volver a España donde vivió hasta su muerte en 1999. Sus cenizas fueron esparcidas en el mar de su niñez, en aquel mar que tanto había añorado y al que había cantado en Marinero en tierra.


Alberti y Paco Ibáñez, musicando "Galope" un poema de Alberti con un claro contenido social y de protesta.




Aquí oímos la voz de Alberti recitando su famoso poema "Si mi voz muriera en tierra"


Comparadla ahora con la versión que hizo el gran cantaor flamenco, Enrique Morente.


Si queréis saber más sobre Alberti no dejéis de visitar la web de su fundación pinchando aquí 
Podréis ver pinturas, textos, audios y muchas cosas más de este insigne marinero...en tierra.

Fundación Rafael Alberti

11/12/2012

O VALOR DOS LIBROS


¿Pensas que Papá Noel ten razón?

04/12/2012

A FRASE DO MES

Ainda que un pouco tarde, hoxe estrenamos as FRASES DO MES do curso 2012-2013.

Aquí atoparedes pequenos aforismos, frases, citas de personaxes célebres que vos farán pensar un pouco.
Queremos que te rompas a cabeza e nos digas que signican para ti as frases desta sección.

NON ESQUEZAS APUNTAR NO TEU CADERNO LECTOR AQUELAS QUE MÁIS CHE GUSTEN.

A VER QUE CHE PARECE A PRIMEIRA...


A MIÑA LIBERDADE  TERMÍNASE ONDE EMPEZA A DOS LOS DEMAIS.

( Santo Tomás de Aquino: teólogo e filósofo católico do  século  XIII)


¿Qué crees que significa esta frase? ¿Estás de acordo con ela? ¿Soes aplicala na túa vida diaria?

ESPERAMOS ANSIOSAMENTE OS TEUS COMENTARIOS A ESTA CITA.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...