Entradas

Mostrando entradas de junio, 2013

1º PREMIO CONCURSO CARTAS DE AMOR. CATEGORÍA "C"

Vigo, 24 de febreiro de 2013 Meu amor,
    Comezo a escribirche nunha xeada tardiña de sol e vento. Nubes brancas camiñan de présa polo ceo, mentres na rúa uns poucos nenos xogan, abrigados, alleos ós rigores do inverno. Que longo inverno!
    Quizais resulte absurdo intentar sequera expresar a natureza e a intensidade dos meus sentimentos. Aínda así abordo a tarefa con decisión, e sen esperanza de que as miñas palabras cambien realmente a natureza e a intensidade dos teus. Pero chegou o momento. Desexo confesar, ante ti e ante o mundo enteiro, que ardo por ti, que non alento, que te idolatro e te venero, que me derreto cando me miras, que te admiro e que te desexo, que te amo… que te amo... que te amo... E esta ladaíña contén un berro e unha liberación, pero tamén un lamento, porque ti non podes darme o que eu tanto devezo.
    Hai corenta anos que ando polo mundo na procura dalgún sustento, dunha fortaleza onde acougar, dun terreo onde arraigar. Ai, amor! Que deplorable i…

GAÑADORES DO II CONCURSO DE CARTAS DE AMOR CATEGORÍA "A" (1º CICLO DA ESO, PDC E PCPI)

Os gañadores do II concurso de cartas de amor na categoría "A" son: 1º PREMIO: ADRIÁN BRAÑOS (1º ESO)2º PREMIO: SERGIO FERNÁNDEZ SIERRA (1º ESO)3º PREMIO: UNA LOCA MÁS... (2º ESO)  Noraboa ós gañadores e a todos os participantes.

GAÑADORES DO II CONCURSO DE CARTAS DE AMOR. CATEGORÍA "B" (2º CICLO DA ESO, BACHARELATO E CICLOS FORMATIVOS)

Os gañadores da CATEGORÍA "B"  no II Concurso de cartas de amor son: 1º PREMIO: ALBERTO (4º ESO)2º PREMIO: NENA  (3º ESO)3º PREMIO: AXEL (4º ESO)Noraboa ós tres e tamén a todos os participantes.

GAÑADORES DO CONCURSO DE CARTAS DE AMOR CATEGORÍA "C": PROFESORES E PERSOAL NON DOCENTE.

Os gañadores na categoría "C" son:1º PREMIO: NOCTURNO.2º PREMIO: GASPAR.3º PREMIO: ANA Mª RÚA.
Noraboa ós gañadores e grazas de novo ó resto de participantes.MAÑÁ, MARTES, PUBLICARANSE OS NOMES DOS GAÑADORES NA CATEGORÍA "B" ( 2º ciclo da ESO, BACHARELATO E CICLOS FORMATIVOS).SOOOOOORTE, E NON RILLEDES NAS UÑAS COS NERVIOS.