Entradas

Mostrando entradas de junio, 2011

Concurso "Mira que leo e dime quen son"

Imagen
Sobre a base dunha idea do I.E.S. Manoel Antonio, Biblioteis convocou o concurso...
Mira que leo e dime quen son.
Facilitábanse, por unha banda, os nomes de 8 profesores e profesoras do centro, e, pola outra, un comentario sobre as súas lecturas favoritas en idade escolar e na actualidade. Nunha ficha,  cada alumna ou alumano participante asociaba cada "lector anónimo" coas súas lecturas. Os concursantes podían preguntar ó propio profesorado voluntario ou a outros membros da comunidade escolar para obter mais pistas sobre as respostas correctas.
Os premios deste ano foron para: Olga Ajenjo Mateo, Yaiza Barros Barral e Marta Granada Rodríguez (3º ESO)

Álvaro Cunqueiro cumpre 100 primaveras

Imagen
En decembro cumpriranse cen anos do nacemento en Mondoñedo (22 de dicembro de 1911 — Vigo, 28 de febrero de 1981),dunha das grandes persoalidades das nosas letras. Cunqueiro é un dos grandes tesouros da literatura galega e universal. Para conmemorar o o seu centenario, Biblioteis ven de organizar unha exposición de carteis para achegar a súa grande figura aos máis novos.
Vida e obra


Para descargalos e imprimilos, preme aquí.




Faleceu Jorge Semprún

Imagen
Primeiro sentimos a morte de Saramago, despois a de Sabato, e agora a de Semprún. Biblioteis quere deixar aquí o seu sentido homenaxe a outro escritor comprometido co seu tempo e cos dereitos e a dignidade do home. Loitador contra o nazismo, conseguiu sobrevivir ao campo de exterminio de Buchemwald (Alemania); mais de alí levouse dous recordos imborrables: o cheiro a carne quemada e o número 44.904 tatuado na súa pel.  Experiencia que lle marcaría a súa vida e obra. A cabalo entre Francia e España, foi escritor (en francés e español), guionista e político (ministro de cultura -1988/1991-). Europeísta convencido, os seus textos son un lúcido testemuño do violento século XX. A súa morte é sentida en España, Francia e Alemania.



Vida e obra
Reseñas dos seus libros