Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2010

Lectura crítica

Comunicación. Canal temático de vídeos de You Tube sobre as múltiples formas de manipulación comunicativa. Interesante para reflexionar sobre a información que recibimos. Vídeos sobre a publicidade, o consumo, os mass media, vídeos de Chomsky, etc.


Alfabetismo en medios. Eduteka. Amplísima páxina de recursos e actividades para a alfabetización nos mass media e o desenvolvemento da capacidade crítica.

La publicidad (un enfoque crítico). Interesante e útil aplicación do ITE sobre a publicidade, onde se desvela de un modo moi didáctico os estereotipos e as intencionalidades da publicidade. Banco semántico de webquest. As webquest son unha excelente ferramenta para aprender investigando e reflexionando sobre un tema. Nesta páxina tes centos delas, organizadas con un buscador, sobre todo tipo de cuestións, ademáis de ligazóns a aplicacións e outros recursos para crearlas ti mesmo.
Poder y manipulación informativa. Didáctico artículo de Aurora Labio na revista dixital Razón y Palabra sobre a m…

Día das letras galegas, 2010

Achégase a celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS, adicado iste ano ó poeta Uxío Novoneyra.(Parada do Courel 1930-Santiago de Compostela 1999). Biografía do autor: Novoneyra é un dos grandes nomes da poesía contemporánea en lingua galega. A súa obra está enraizada na tradición e no popular. Fillo dunha familia de labregos, naceu na montaña lucense e ista terra será o principal referente físico para os seus versos, ofrecendo unha innovadora visión da paisaxe dentro da literatura galega. De estudante en Lugo, conoceu a Manuel María e ámbolosdous frecuentaron o trato de intelectuales da anterior generación, como Luis Pimentel, Anxel Fole, Celestino Fernández de la Vega o Ramón Pilñeiro. Con 19 anos, Novoneyra trasladouse a Madrid, onde se matriculou na facultade de Filosofía e Letras e regresou en 1951 para facer o servicio militar. Entre 1953 e 1962 voltou ó Courel, obligado por unha pleuresía que o tivo ó borde da morte. En 1962,o poeta traballou en Madrid en programas de radio e televisión …

Concursos de investigación científica

Concurso nacional de jóvenes investigadores. O Ministerio de la Presidencia convoca anualmente o concurso nacional para xóvenes investigadores, de idades comprendidas entre os 15 e 20 años, con importantes premios para os alumnos, profesores e centros. Premios de anos anteriores.
Concurso de jóvenes investigadores de esdelibro.es. Dirixido a estudantes e docentes de ESO, bacharelato e ciclos formativos de Grao Medio de todas as comunidades autónomas de España. Os traballos deben ser realizados en grupo (un mínimo de dos e un máximo de catro estudantes) e sempre deberán ser coordinados por un profesor.
Premio Luis Freire de investigación científica para escolares de secundaria de Galicia. Os estudantes deberán formularse unha pregunta á que deberán dar resposta con unha investigación científica.

Xoves 6 de maio: Tod@s a resolver enigmas !!!!

Imagen
Como xa sabedes, neste curso estamos no 25 Aniversario do IES de Teis, e estamos a celebralo con distintas actividades especiais. O vindeiro xoves 6 de maio, entre as 10:40 e as 11:45 horas, celebraremos por fin o concurso "NA BUSCA DO ENIGMA". Participarán equipos de 5 persoas, do alumando da ESO. Terán que loitar por atopar tódalas pistas espalladas polo instituto, e atopar a resposta a este enigma no menor tempo posible. Animo a tódalas persoas que ides participar, e xa nos contaredes nos vindeiros días que tal vos foi.