Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2012

A frase do mes

Imagen
O 17 de Maio, como xa sabedes, celebramos o Día das Letras Galegas, xornada instituída en 1963 pola Real Academia Galega para homenaxear a aquelas persoas que destacaron pola súa creación literaria en idioma galego ou pola súa defensa da nosa lingua.
Este ano, adícase a Valentín Paz Andrade, persoa de traxectoria moi diversa: ensaista, poeta, xornalista, xurista, político..., polo seu compromiso co país en diferentes ámbitos.

Eleximos os versos finais do poema "As úberes do medo", da súa obra "Sementeira do vento",  e volos achegamos como frase do mes.




Como sempre, vos convidamos a pensar sobre ela e a compartir connosco as vosas reflexións.