Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2017

Hoxe recomendamos: Maus

Imagen
¿Sabías que na biblioteca contamos cunha sección dedicada ao cómic e á novela gráfica?Entre outros títulos emblemáticos deste xénero, atopamos Maus, unha novela gráfica escrita e debuxada por Art Spiegelman, gañadora do prestixioso premio Pulitzer.Trátase dunha verdadeira xoia que conta o Holocausto a través da historia real do pai do autor, un xudeu polaco, supervivente do campo de concentración de Auschwitz.Unha historia desgarradora e impactante, que atrapa ao lector desde o principio. Conta as desconfianzas, traizóns, os campos de concentración, a barbarie, todo isto unido ás reflexións sobre o que foi necesario para sobrevivir dun supervivente do maior centro de exterminio do nazismo.Se che gusta a novela gráfica ou se aínda non te atreviches con este tipo de xénero, non deixes de ler Maus, de seguro, non te deixará indiferente.