Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2012

DIA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO: GRAZAS Ó ALUMNADO DE 2º ESO E 3º PDC

Imagen
Esta entrada é un agradecemento ó alumnado de 2º da ESO (Samuel, Javi, Nicolás, Francisco, Alejandro, Milagros, Aroa F., Ana, Brian, Raúl, Uxía, Ángela, Lucía, Leti, Dana, Iria, Pires, Jsé Luis, Aroa R. Montse y Vivi) e 3º PDC ( Erik, Lara, Yago, Andrea, Juan Carlos, Alberto y Saúl) pola acollida que lle deron á actividade da VIOLENCIA MACHISTA e pola súa axuda.
Grazas a todos estes rapaces e rapazas podemos incrementar a nosa lista de títulos de cancións relacionadas coa violencia machista.
Estas foron as súas aportacións.
La bella y la bestia (Porta)

Se acabaron las lágrimas (Huecco con Hanna).

Princesa (Fondo Flamenco)

El final del cuento de hadas (El Chojin).

Esperamos que vos gusten as aportacións dos vosos compañeiros.

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER.

Imagen
Éunha pena ter que dedicarlle un día a semellante cousa, todos os días deberíamos lembrar esta lacra da sociedade, ou mellor, non a deberíamos lembrar nunca… si a violencia contra a muller non existise. Na nosas mans está acabar con esta problemática; nas vosas, alumnos e alumnas de Teis, que sodes o noso futuro! O Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller (DIEVCM) celébrase dende 1999 en lembranza das irmáns Mirabal. Patria, Dedé, Minerva e María Teresa foron catro irmáns dominicanas, activistas políticas e inegrantes da resistencia á dictadura de Trujillo. En 1960 tres delas foron asesinadas pola policía secreta de Trujillo. A partir dese momento convertíronse en símbolo da resistencia tanto popular como feminista.
Debe entenderse por violencia contra a muller cualquer acción ou conducta, basada no seu xénero, que cause morte, dano ou sufrimento á muller, tanto noámbito público como no privado.
Invitámosvos a reflexionar sobre este tema.

ACTIVIDADE:
Escoitade as canción…