Entradas

Mostrando entradas de enero, 2017

O Principiño

Imagen
Hoxe recomendamos un clásico da literatura: O Principiño, de Antoine de Saint-Exupéry. Polas ilustracións e o xeito no que está escrito podería parecer un conto infantil pero, nada máis lonxe da realidade! O Principiño é unha metáfora da vida, o amor e a amizade e ofrécenos ensinanzas tan importantes coma estas:«Soamente se ve ben co corazón. O esencial é invisible aos ollos.»«Todas as persoas maiores foron nenos antes. (Pero poucas se lembran).»«Un raposo semellante a cen mil raposos. Pero eu fíxeno amigo meu e agora é único no mundo.»«As persoas maiores nunca comprenden nada por si soas e é fastidioso para os nenos terlles que andar dando sempre explicacións.»«Ás persoas maiores gústanlles as cifras. Cando lles falades dun novo amigo, nunca vos preguntan nada esencial del. Nos vos din: "Como é a súa voz? Que xogos lles gustan máis? Colecciona bolboretas?" Non, as persoas maiores preguntan: "Cal é a súa idade? Cantos irmáns ten? Canto pesa? Canto gaña o seu pai?" …