Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2012

Charla-coloquio con Fran Alonso

Imagen
O pasado mércores 14 de marzo, poidemos gozar da visita do polifacético escritor Fran Alonso ó noso centro.
Os alumnos e alumnas de ESO e Bacharelato tiveron ocasión de poder preguntarlle en vivo e en directo sobre aspectos  dalgunhas das súas obras lidas nas nosas aulas: "Cemiterio de elefantes", "Cartas de amor", "Ninguén"... e tamén de deixarse sorprender polos "efectos especiais" aplicados á poesía, sentindo como as palabras se hinchan e estoupan, descubrindo o canto da curuxa na noite ou o bruar do mar no medio do salón de actos.

Unha experiencia que de certo nos achega mais ó universo da palabra e a lectura.

Grazas por todo canto nos transmitiches,Fran. Esperamos verte mais veces.

A frase do mes

Imagen
O día 8 de Marzo celébrase, a nivel internacional e co recoñecemento da ONU,  o Día da Muller.

Conmemórase a loita das mulleres para conseguir participar na sociedade en igualdade de condicións respecto aos varóns.

Existen versións diferentes sobre a súa orixe pero a máis estendida refírese ao falecemento de máis dun centenar de traballadoras nunha fábrica textil de EE.UU. e á violenta represión que sufriron as traballadoras que se manifestaron ante a neglixencia empresarial, baixos soldos e pésimas condicións laborais.

Para compensar a dureza desta realidade xa pasada, un clásico do humor nos recorda que aínda nos queda moito camiño por percorrer.


A propia ONU, nunha das súas páxinas, nos lembra que "esta é unha data para reflexionar sobre os avances conseguidos e celebrar as accións daquelas mulleres que desempeñaron unha función extraordinaria na historia dos dereitos da muller".

Por iso dedicamos a frase do mes a unha destas mulleres, a escritora francesa Simone de Beauv…