Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2020
Imagen
A celebración fai un par de semanas do Día do Libro e a máis recente conmemoración do Día das Letras Galegas fixéronnos botar aínda máis de menos á nosa querida Biblioteis. Por iso, e para tela máis presente ata que poidamos desfrutar dela en persoa, botamos a andar de novo este blog. Lembraremos nel as actividades realizadas ao longo deste curso e darémosvos a coñecer o noso catálogo para ir facendo a boca auga e ir quentando motores para próximas lecturas.