Entradas

Mostrando entradas de abril, 2011

Falece Ernesto Sabato

Imagen
Biblioteis quere sumarse a consternación mundial pola perda deste grande escritor arxentino. A súa novela "El túnel", lectura habitual no noso centro, serviu para achegármonos, unha  vez máis, a súa lucidez e compromiso.
Vida e obra¿Sábato ou Sabato? E. Sabato (Wikipedia)


Ernesto Sabato, el gran escritor argentino autor de "Sobre héroes y tumbas" y "El túnel", pero también el hombre atormentado y horrorizado que presidió la Comisión Nacional sobre la Desaparición de Personas (CONADEP) ha fallecido en la madrugada de hoy sábado, dos meses antes de cumplir 100 años. Sabato, que iba a ser objeto mañana de un homenaje en la Feria del Libro de Buenos Aires, padecía una bronquitis que no pudo superar... (nova de El País).

El 20 de septiembre de 1984, el escritor Ernesto Sábato entregaba el informe 'Nunca Más', también conocido como 'Informe Sábato', de la Comisión Nacional sobre la Desaparición de Personas (CONADEP), que reflejaba el horror vivido …

Día do libro

Imagen
Como este ano o 23 de abril, día internacional do libro, pillounos de vacacións, deixámosvos agora unha páxina do noso instituto onde se da información desta efeméride e se pode xogar un rato. Preme na imaxe.

A lectura no Ipad

Imagen
Principais características da lectura nun Ipad.



Dúas recomendacións de aventuras

Imagen
Queres encher o teu cuarto de aventuras? Deixámosche estas dúas recomendacións clásicas para o teu tempo de lecer.
Robinson Crusoe é unha das máis coñecidas novelas do seu xénero. Conta a historia dun home que naufragou preto dunha illa deserta e pasou nela máis de vintecinco anos. O protagonista ten que comezar a vivir prácticamente dende cero, enfrontándose aos desafíos da vida salvaxe e á terrible carga da soidade. Parece que Dafoe inspirouse nun caso real: a historia do mariñeiro escocés Alexander Selkrik, que foi abandoado nunha illa preto da costa de Chile (que hoxe chámase "illa Robinson") e logrou sobrevivir durante cinco anos, ata que foi rescatado. Para ver a edición en galego, preme aquí.





As viaxes de Gulliver publicáronse por primeira vez no ano 1726. Fíxose de seguida moi popular e, amais de senta-lo máximo precedente clásico da literatura de ciencia-ficción e social-ficción, rebordou as fronteiras da literatura para pasar a formar parte da mitoloxía. E isto consé…

Unha recomendación de pensamento crítico: Indignádevos !

Imagen
Factoría K vén de publicar Indignádevos!, a tradución ao galego do best-seller escrito polo nonaxenario francés Stéphane Hessel. O libriño, que en Francia leva facturados dous millóns de exemplares, é un chamamento á xuventude para que se rebele contra a actual «ditadura dos mercados» e contra a pasividade coa que a sociedade europea está a recibir os axustes impulsados polos Gobernos coa escusa da crise económica. O manifesto espertou unha gran polémica en Francia polas súas críticas ao Estado de Israel pola súa actuación no conflito palestino. O texto de Hessel está precedido na edición galega por un limiar de Manuel Rivas titulado A nova conquista do pan, no que analiza a necesidade da contestación cidadá á actual desidia de moitos segmentos da sociedade. O libro foi traducido ao galego por Fernando Moreiras. (Vía La Voz de Galicia)





Indignádevos é un libriño recén pubricado, breve panfleto político de alrededor de 30 páxinas que ven de ter un éxito inusitado na Francia popular suble…

Xogando a ser científicos

Imagen
nQuire é o nome dunha nova ferramenta creada por investigadores das universidades de Notihingan e Open (Reino Unido) para desenvolver o pensamento científico do alumnado; é dicir: aprender a facer unha investigación rigorosa en escenarios reais. O programa guíalles a través do proceso de investigación propoñendo hipoteses, facendo preguntas, deseñando a recollida de datos e probas...O programa é libre e pódese descargar dende a súa páxina.
Ver o artigo de Patricia Matey en "EL Mundo"