Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2011

Pensamento crítico

Pensamiento crítico é unha sección do interesante portal DocuCiencia (Tus documentales a un solo click). Reúnense aquí documentais sobre física, tecnoloxía, bioloxía e outras ciencias. O obxectivo desta sección é potenciar o escepticismo científico ante aquelas lendas urbans que proliferan na cultura popular, así como previrnos das estratexias de persuasión nas que están baseadas. Dous exemplos:





Día mundial da poesía

Imagen
O 21 de marzo foi declarado pola UNESCO "Día mundial da poesía".  Nesta data realízanse actos en diversas latitudes do planeta para celebrar esta extrema forma de percepción da vida. A UNESCO lanzou ao mundo o seguinte comunicado para conmemoralo: «É evidente que unha acción mundial a favor da poesía daría un recoñecemento e un impulso novo aos movementos poéticos nacionais, rexionais, e internacionais. Esta acción debería ter como obxetivo principal soster a diversidade dos idiomas a través da expresión poética e dar aos que están amenazados a posibilidade de expresarse nas súas comunidades respectivas.» "A diversidade poética bríndanos  outra maneira de dialogar. Permítenos descobrir que todos e cada un de nós, en cualquier punto da Terra, compartimos os mesmos interrogantes e sentimentos. É un xeito da nosa liberdade, é nosa humanidade..." Directora Xeral da UNESCO (Día Mundial da Poesía, 21 de marzo de 2010).
Aquí vos deixamos 3 poemas galegos para conmemorar o d…

Coñeces os libros electrónicos (e-books)?

Imagen
Lectoreselectrónicos. com Fantástica páxina para coñocer o mundo dos libros e lectores electrónicos. Moi completa, útil e actualizada para estar ao cabo desta nova forma de ler. Entre outras moitas, son interesantes as seccións de ¿Qué comprar? Preguntas frecuentes sobre qué tipo de e-reader comprar, características, pantallas, funcionalidades... Sección descargas. Todo tipo de conversores, manuais, firmware, utilidades varias, diccionarios...E-readers en acción, onde se nos presentan videodemostracións de diferentes lectores electrónicos.

Territorio Ebooks. Lecturas sin fin. A Fundación Germán Sánchez Ruipérez puxo en marcha o programa Territorio Ebook, lecturas sen fin (2009-2011) co obxectivo de analizar o impacto que esta nova forma de ler vai provocar entre os lectores. Trátase dunha investigación pioneira sobre as implicacións que comporta a introdución dos libros electrónicos nas aulas, as bibliotecas e as universidades; tres espazos de lectura que é necesario reinventar, tres p…

Unha pequena historia do libro