Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2015

CONCURSO: A BIBLIOTECA BUSCA MASCOTA.

Imagen
Xa fai días que vos anunciamos que se viña cocendo un concurso. Pois aquí o tedes: BÚSCASE MASCOTA PARA A BIBLIOTECA. Pensamos que toda biblioteca que se precie ten que ter unha mascota e eso é o único que lle falta á nosa. Por eso, coincidindo coa celebración do Día das Bibliotecas decidimos convocar este concurso.Teredes que inventar o aspecto e a biografía da mascota, polo tanto, haberá que enviar un debuxo e un texto.
ATENTOS AS BASES:
1.- PARTICIPANTES: pode participar todo o alumnado do IES de TEIS.
2.- FORMATO: os debuxos poderán presentarse en papel tamaño DINA 4 ou vía mail en formato JPG. O texto poderase presentar manuscrito con letra lexible ou vía mail en formato PDF. Ambos deberán ir firmados co voso nome completo e o curso no que estades.
3.-  NÚMERO DE DEBUXOS QUE SE PODEN PRESENTAR: cada participante poderá presentar un máximo de tres propostas.
4.- TÉCNICA UTILIZADA: poderase utilizar calquera técnica para a creación da mascota.
5.- DATA LÍMITE PARA PRESENTAR OS TRABALLOS:…

AFACERSE Á AUSENCIA: ANXO PINTOS LAMOSO

Imagen
Hoxe é un día triste no noso instituto.Comenzar o día coa noticia da túa marcha non é doado. Sabemos que non che gustaban nada as fotos; pero permítenos que, diante desta imaxe túa, todos os que te queríamos poidamos despedirnos de ti.¡Botarémoste de menos, compañeiro, amigo, profe...! Non será doado afacerse á túa ausencia.Se cando a morte pálida me apañedeixo no mundo un pouco de memoria,eu quero que o teu nome me acompañe,se che pode servir dalgunha gloria;e se labro estos versos co teu lembrocontra da cinza, a corrupción e o lodo,é que eu non quero crer que aquel setembroacabase pra sempre xa con todo.Darío Xohán Cabana (1994)

24 DE OUTUBRO, DÍA DA BIBLIOTECA.

Imagen
Por iniciativa da Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil, dende 1997, en colaboración co Ministerio de Educación, Cultura y Deporte,  celébrase o DÍA DA BIBLIOTECA, co obxectivo de concienciar á sociedade da importancia da lectura e como homenaxe e recoñecemento á labor dos biblitoecarios/as.
Cada ano encárgase a un escritor e a un ilustrador, ambos de recoñecido prestixio, a redacción do pregón e o deseño do cartel que se difunde entre todas as bibliotecas de España, asociados e interesados. Este ano os autores seleccionados son Diego Arboleda, Premio Nacional de Literatura Infantil 2014 e a ilustradora Leticia Ruiz Fernández, respectivamente. Si queres ler o pregón, pincha aquí.
¡E non te esquezas de feliciatar a ROSA, a nosa bibliotecaria!

ESTASE COCENDO UN CONRSO...

Imagen
Pois si, como o ledes: ESTASE COCENDO UN CONCURSO e ata aquí podemos falar... ¡PERMANECEDE BEN ATENTOS Ó BLOG ESTES DÍAS!

¡CERVANTES E O QUIJOTE NECESITAN UNHA ESTRELA!

Imagen
O martes 29 de septembro celebrouse o 468 aniversario do nacemento de Cervantes. Con este motivo, o dibuxante Forges publicou esta viñeta e convídanos a que axudemos a que unha estrela e os seus catro planetas pasen a levar “nomes cervantinos”: Cervantes, Quijote, Sancho, Dulcinea y Rocinante.
Si estás de acordo coa súa proposta, so tes que votar na seguinte páxina: http://estrellacervantes.es/

¡Agardamos o teu voto! Cervantes e a súa obra ben o merecen

BENVIDOS Ó CURSO 2015-2016

Imagen
Dende a Biblioteca do IES de Teis queremos darvos a benvida un ano máis ante o inicio do novo curso.

Este ano continuaremos con algunhas das actividades de fomento da lectura que vimos realizando dende fai tempo, pero tamén temos en mente organizar novas actividades. PERMANECE ATENTOS Ó BLOG