Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2011

Concursos variados: curtametraxe e cómic

Imagen
Neste momento podedes apuntarvos para participar en dous concursos moi interesantes:

Curtametraxe
Cres que podes, ti só ou cos teus amigos, mostrar a túa creatividade empregando un móbil durante dous minutos?. Atréveste?. Mans á obra: este é o teu concurso! I Concurso de curtas co móbil na rede CeMIT
Dirixido a: Alumnos de ESO e Bacharelato entre 14 e 20 anos.
Obxectivo: Facer unha micromovie en galego que non supere os 2 minutos de duración. Para grabar só se poderá usar o móbil, aínda que para editar poderanse utilizar ferramentas externas.
Forma de participación: Individual ou colectiva.
Prazo: A inscripción está aberta ata o 29 de febreiro de 2012.

PREMIO    5 Ipod Nano 8GB


Cómic

Gústache ler cómics? Tentaches facer algún ti mesmo? Pois agora é o momento. Mans á obra: este é o teu concurso!.



III Certame de Banda Deseñada
Dirixido a: Alumnos de ESO e Bacharelato. Obxectivo: Deseñar un cómic de entre 1 e 4 páxinas, de temática libre, e escrito en galego ou castelán. Forma de participación: …

Biblioteis: xa estamos de novo en activo!

Imagen
Despois desta tan longa como non desexada pausa nas nosas publicacións, xa estamos de novo con todos vós.
E queremos contarvos que, con motivo da celebración do Día Internacional da Biblioteca Escolar (24 de Outubro de 2011),  comezamos a difundir o pregón de Pilar López Álava, "Tortugas gigantes de biblioteca", co que se está a traballar nas distintas clases de lingua.
Ademáis, estamos a facer as tradicionais xornadas de presentación da nosa Biblioteca nos cursos de ESO, este ano, con novidades máis interactivas.
    Animádevos a visitarnos!.