Recomendacións de lecturas (castelán)

S.O.L. Fantástica páxina de recomendacións de lecturas por idades, etapas, xéneros, temática...etc. Pódese confeccionar un boletín de recomendacións...etc. Moi útil.

PLEC. Proxeto de lectura para centros escolares é un complemento da páxina anterior. Atoparémonos con suxerencias para a biblioteca escolar, para a comprensión e dinamización lectoras, recomendacións de lecturas por idades e materia escolar...etc.

Biblioteca escolar digital. Complementaria tamén das anteriores (a través todas elas da Fundación Germán Sánchez Ruipérez). A modo de rede social, mediante inscripción gratuita, podemos construir a nosa propia biblioteca dixital, apuntar recomendacións e favoritos, así como ver os dos demáis, ligazóns por materia...
Libroadicto. A páxina de recomendacións feita íntegramente por xóvenes. Para coñecer os seus gustos e opinións sobre as súas lecturas.

El rincón de la lectura. Da editorial SM. Un espazo de recomendacións e reflexións sobre a lectura, o proxeto lector do centro...etc.

Punto de lectura. Da editorial Santillana. Un amplo escaparate das novidades, os máis leídos, con visualización das primeiras páxinas ou capítulos para saber si son do noso interese...

Sitios para lectores niños y jóvenes. Do plan de fomento da lectura (ITE). Ligazóns a webs seleccionadas de lectura para diferentes idades.

Leer y vivir. Educared. Selección de libros por idades, etapas e materias. Actividades de lectura. Seccións cidade cultura, sala de lectura...etc.

El viaje literario. Recomendacións, os máis vendidos, novidades...

Sobre lecturas juveniles. Entrada de La bitácora del tigre. Reflexións sobre o que non se debe facer na animación á lectura e listas de recomendacións.

Portales educativos de las CC.AA. Ligazón aos portais educativos das comunidades autónomas para ir á sección de bibliotecas escolares e/ou seccións de lectura. Neles existen recomendacións e suxerencias interesantes.

Libros escogidos. De literatura infantil e xuvenil pola Fundación Germán Sánchez Ruipérez.

Entradas populares de este blog

AFACERSE Á AUSENCIA: ANXO PINTOS LAMOSO