Redes sociais de lectura

Rede social galega do libro. A primeira rede social galega de lectura. Redelibros.com é unha plataforma cultural centrada no mundo do libro. Reúne a escritores, editores, libreiros, bibliotecarios e, moi especialmente, lectores. Son, ante todo, unha rede social de literatura, un espazo común onde atoparnos, compartir experiencias, inquietudes, lecturas e intereses, un espazo en Internet que agrupa blogs persoais e profesionais, grupos de opinión, páxinas web de librerías, editoriais e autores, axenda de eventos, álbums persoais, etc.

QueLibroLeo.com. En castelán. Puntuacións de libros, os más leídos, os máis votados, suxerencias por afinidades, listas de favoritos por usuario, mellores por xéneros, concursos...etc.

LibraryThing. Para poñerse en contacto con lectores que len o mesmo que ti. Aportación de listas de lecturas, club de lectores, libros comentados...

aNobii. Listas de libros comentados. Comunidade de usuarios en contacto para comentar sus lecturas, etc.

Librofilia. Rede social de recomendacións literarias. Libros por categorías e xéneros.

Mi Literaturas! Esta red está dedicada ao mundo dos libros  e é unha iniciativa da publicación española Literaturas.com. A revista dixital abre as súas xanelas aos lectores, aos amigos da literatura e crea a súa propia rede social.

Fantasymundo. Recomendacións de lecturas fantásticas e outros xéneros. Foros de lectura. Novas de literatura, cine, libros, cómic...

Entradas populares de este blog

Hoxe recomendamos: Maus

Aprender a crear