As nosas recomendacións no Día do libro, 2010

23 de abril: ¡Día do libro!

Nesta entrada facémosche algunhas propostas para que celebres esta xornada gozando da lectura:
NOVIDADES en LINGUA GALEGA
Marcos S.Calveiro Festina lente  (Unha novela histórica neste Ano Santo)
Xose-Henrique Costas (Coord): 55 mentiras sobre a lingua galega. Edit. Laiovento
Suso de Toro: Sete palabras. Edit. Xerais
Manuel Rivas: Episodios galegos. Edit. Xerais
X. Lois García Fernández: Uxío Novoneyra.Revisitado. Xerais.(Ensaio sobre a vida e obra do poeta ao que se lle adica a edición do 2010 das Letras galegas).

NOVIDADES EN CASTELÁN

Por unha banda deixamos aquí unha das listas dos mais vendidos:

Arturo Pérez Reverte: El asedio. Edit. Alfaguara
Matilde Asensi. Venganza en Sevilla. Edit. Planeta
Julia Navarro: Dime quién soy. Edit. Plaza&Janés
F. Moccia: Perdona, pero quiero casarme contigo. Edit.Planeta
Gibbons, Estela: La hija de Robert Potse. Edit.: Impedimenta, Madrid, 2010
Punset, Eduardo: El viaje al poder de la mente: los enigmas mas fascinantes de nuestro cerebro y del mundo de las emociones.
… E COMO SABEMOS QUE SODES MOI AFECCIONAD@S ÓS TEMAS DE AVENTURAS E SUSPENSE, DESTACAMOS ESTES LIBROS:

M. Stiefvater. Temblor. Edit. SM

Grace é unha moza que estivo a piques de morrer atacada por unha manada de lobos, mais un deles, de intensos ollos amarelos, salvouna.
Anos despois Grace coñece a un mozo chamado Sam. Un mozo normal non sendo pola extraña cor amarela dos seus ollos...

Michael Scott: El mago, Roca editoral

Nicholas, Sophie, Josh y Scatty van correr aventuras e fuxir dos seus enimigos para poder devolver a Perenelle o “Libro de Abraham El Mago” , antes de que perda tódolos seus poderes e as temidas profecías cheguen a facerse realidade.
Riordan, Rick: El ladrón del rayo, Ed. Salamandra, 2009.
A novela na que está baseada a película do mesmo nome. Nela nárranse as aventuras de Percy Jackson, un rapaz disléxico e con problemas no colexio, que remata por descubrir que é un semideus que ten que axudar a Zeus a recuperar o seu raio roubado. Deste xeito comezan unha serie de aventuras dese mundo segredo que os antigos deuses gregos teñen recreado ó noso redor en pleno século XXI.

Comentarios

Entradas populares de este blog

A frase do mes

AFACERSE Á AUSENCIA: ANXO PINTOS LAMOSO

Aprender a crear