Xoves 6 de maio: Tod@s a resolver enigmas !!!!

  Como xa sabedes, neste curso estamos no 25 Aniversario do IES de Teis, e estamos a celebralo con distintas actividades especiais.
O vindeiro xoves 6 de maio, entre as 10:40 e as 11:45 horas, celebraremos por fin o concurso "NA BUSCA DO ENIGMA".
Participarán equipos de 5 persoas, do alumando da ESO. Terán que loitar por atopar tódalas pistas espalladas polo instituto, e atopar a resposta a este enigma no menor tempo posible.
Animo a tódalas persoas que ides participar, e xa nos contaredes nos vindeiros días que tal vos foi.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Hoxe recomendamos: Maus

Aprender a crear