Coñeces os libros electrónicos (e-books)?


Lectoreselectrónicos. com Fantástica páxina para coñocer o mundo dos libros e lectores electrónicos. Moi completa, útil e actualizada para estar ao cabo desta nova forma de ler. Entre outras moitas, son interesantes as seccións de ¿Qué comprar? Preguntas frecuentes sobre qué tipo de e-reader comprar, características, pantallas, funcionalidades... Sección descargas. Todo tipo de conversores, manuais, firmware, utilidades varias, diccionarios...E-readers en acción, onde se nos presentan videodemostracións de diferentes lectores electrónicos.

Territorio Ebooks. Lecturas sin fin. A Fundación Germán Sánchez Ruipérez puxo en marcha o programa Territorio Ebook, lecturas sen fin (2009-2011) co obxectivo de analizar o impacto que esta nova forma de ler vai provocar entre os lectores. Trátase dunha investigación pioneira sobre as implicacións que comporta a introdución dos libros electrónicos nas aulas, as bibliotecas e as universidades; tres espazos de lectura que é necesario reinventar, tres pilares para un programa de longo percorrido: Ebook e Escola, Ebook e Biblioteca, Ebook e Universidade. (Vía, Territorio Ebooks)


Ebooks. Nesta páxina dásenos ampla información sobre a historia dos e-books, os diferentes formatos, software para construir ebooks, para lelos, ventaxes e inconvintes... etc.

Creación de ebooks. 11 programas, descargarbles dende aquí, para a creación e conversión de e-books.

Gestores de e-books. 6 programas para xestionar e visionar os nosos e-books.

Epubreader. EPUBReader é un complemento de Firefox co que  podes ler arquivos ePub sen necesitar programas adicionais.

QualityEpub é un programa gratuito para Windows que permite xenerar un epub a partires dun documento Word.

Comentarios

Entradas populares de este blog

AFACERSE Á AUSENCIA: ANXO PINTOS LAMOSO